Na Coruña Contas

Volver

Ampliación horario do bus urbano

isidrocea isidrocea  •  09/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2440

Que ás 22'30hs estea saíndo o derradeiro autobús do día, non semella un bó xeito de pedirlle á cidadanía que "vaia onde vaia, vaia en autobús" ¿non sí? Ampliar o horario pola mañá e pola noite pode ir no camiño de conseguir o propósito de reducilo tráfico na cidade. 

Informe de inviabilidade

A súa proposta de ampliar os horarios dos buses urbanos sería unha decisión administrativa que ainda que supón un incremento do gasto, non estaría dentro do capítulo de investimentos, -que é o que require o programa de Orzamentos Participativos-, senón de gasto corrente, polo que lamentamos comunicarlle que non se pode dar a proposta como viable. Porén, trasladamos a súa suxerencia á Compañía de Tranvías para que valoren a posibilidade de aumentar os horarios, por ser competencia de ese Servizo.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • oscar_cdvr

    Considero que esta proposta é correcta, mais considero que o autobús na cidade precisa unha remodelación máis completa (revisión tarifas, redistribución de rutas, incremento da frecuencia nalgunhas liñas....) En moitos casos leva máis tempo chegar no bus que chegar camiñando. O bus nocturno fai percorridos que duran máis de unha hora. E ainda que hai unha boa comunicación entre o centro e os barrios, a comunicación barrio-barrio deixa bastante que desexar. Non obstante, creo que isto debería ser unha inversión que realizase a Compañía de Tranvías (que ten que ser autosustentable) e non o Concello.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos