Na Coruña Contas

Volver

Parque na zona dos Mariñeiros

slamelov slamelov  •  23/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2838

Na zona dos Mariñeiros, entre a Rotonda do Pavo Real e a Rúa Lagares, hai unha zona verde inaccesible que poderían arranxar e crear aí un espazo natural, aproveitando as árbores e outras especies vexetais da zona, pero sen facer o típico parque artificial, se non que teña aspecto natural, sen herba segada todos os días, como soe acontecer. Incluso deixar un espazo para hortas urbanas, que de feito hai xa unha, aínda que é privada. Podería ter conexión co parque infantil.

 

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarlle que a súa proposta non é viable debido a localización que Vde. sinala, xa que a parcela entre a rotonda e a rúa Lagares non é solo municipal; hai unha actuación urbanística prevista con cargo á iniciativa de particulares, co cal non tería que costealo o Concello, segundo indica o PXOM. Dámoslle as grazas pola súa participación.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos