Na Coruña Contas

Volver

Acollida de persoas recén saidas de centros penitenciarios

yolandass yolandass  •  20/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2659

Haberá vivendas municipais ás que se lle pode dar un uso social. Penso que a acollida á persoas que acaban de sair do cárcere e non teñen un lugar onde empezar/retomar a súa vida, é fundamental para a súa reinserción social. Poderíase contar con persoas voluntarias e/ou contratadas que poderían colaborar con elas para unha búsqueda de traballo activo, habilidades sociais...

Se estas persoas son axudadas nun primeiro momento, será máis fácil que se readapten a súa nova situación o que podería facelos menos dependentes dos servizos sociais a longo prazo.

Grazas!

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarlle que o programa de acollida de persoas recén saídas de centros penitenciarios non é un gasto de investimento, senón un gasto corrente, polo que non pode ser incluido como Proposta Inviable. Non obstante, derivamos a súa achega á Concellería que ten competencias en temas similares para que poidan valorar a proposta. Dámoslle as grazas pola súa suxerencia e esperamos que se poida ter en conta no futuro nas actuacións desa Concellaría.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • fredi

    Totalmente a favor desta proposta. Moitas veces persoas que saen de prisión teñen unha vida institucionalizada, con horarios ríxidos, e o feito de contar cun teito onde poder estar de forma temporal, e tamén apoio de especialistas e de persoas voluntarias que lles axuden a ser autónomos, poder atopar emprego, etc., é básico para que non recaian no consumo de sustancias tóxicas. Podería buscarse colaboración con Aclad Coruña, Proxecto Home, Cruz vermella, Cáritas, etc.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos