Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 10

Propostas de investimento non viables: Distrito 10

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Retirada de beirarrúas e hibridación de rúas Cordelería e Orzán

20/05/2019  •  tuchodefresa@gmail.com  •  Distrito 10

As rúas Cordelería e Orzán, entre a súa confluencia (altura Gadis do Orzán) e a rúa Alta, son vías con moi pouco tráfico rodado e beirarrúas estreitas e con bolardos. Para os peóns non son rúas cómodas, pero, se cadra, non precisan a peonalización total. Proponse facer que as dúas rúas sexan de tránsito preferente para peóns, retirar as beirarrúas e os bolardos, limitar a velocidade do tráfico a 20 km/h, instalar un pavimento rugoso que obstaculice o tráfico rodado a maior velocidade, delimitar zonas de paso para os vehículos a motor e posibles carga e descarga. Instalar cámaras e controis de velocidade que permitan sancionar as infraccións de xeito automatizado.

Deste xeito, os peóns poderían disfrutar máis destas rúas sen que o escaso tráfico que circula por elas se vise afectado.

Beirarrúas e humanización Rúa Washington

25/04/2019  •  e_tres  •  Distrito 10

As rúas do barrio de Montealto están bastante descoidadas en canto ó seu nivel de humanización. En concreto, a Rúa Washington conta cunhas beirarrúas excesivamente estreitas. Porén a estrada, adicada ós vehiculos, ten ancho abondo para coche e medio e máis unha ringleira para aparcar.

Propoño revisar a distribución da rúa compensando a proporción entre berirarrúa e estrada e anchear e humanizar as beirarúas. 

IMG_20190514_155230.jpg

Hacer una Acera en calle Salgado Somoza

14/05/2019  •  teresa_tina  •  Distrito 10

La calle Salgado Somoza es una calle estrecha y en cuesta, queda al lado de tres centros educativo y el hecho que no tenga acera crea inseguridad a la hora de transitar con los niños de vuelta del cole.

Además muy a menudo aparcan coches en la linea amarilla y esto implica que los coches que suben (a menudo a velocidades elevadas) se arrimen mucho a los portales, si saliera un niño en esos momentos podría producirse una desgracia. 

Es imperativo dada la cercanía a los colegios que esta calle tenga una acera.

 

Bailando en las plazas

Creación dun espazo para actividades relacionadas co baile e a música swing.

21/05/2019  •  1975sanire  •  Distrito 10

Na nosa cidade somos cada vez máis as persoas que formamos parte do movemento swing, un baile nacido nos Estados Unidos nos anos 20. Pero o swing (lindy hop) é moito máis que un baile e un estilo de música, é unha actividade divertida, que promove a socialización, participativa e saudable, da que forman parte persoas de todas as idades. É por iso que propoñemos que se habilite un lugar onde poidamos realizar bailes sociais con regularidade, e onde tamén poidamos desfrutar da música en directo. Isto pódese facer habilitando un local ou no exterior, acondicionando unha zona cun solo que permita aos bailaríns moverse pola pista sen problemas (solo de tarima de madeira) . Este solo podería instalarse nunha das moitss prazas que temos na nosa cidade e sería un gran punto de encontro para todos aqueles que quixeran unirse as actividades.

 

 

Accidente Paseo Marítimo (Foto A Opinión)

Medidas reductoras de velocidade en todo o Paseo Marítimo.

14/05/2019  •  slamelov  •  Distrito 10

O paseo marítimo é unha autoestrada urbana. Varrios carrís e coches que superan o límite fixado de 50 km/h, en ocasións chégase a superar esa velocidade en máis do dobre. Non hai nin unha soa medida correctora de velocidad en todo o paseo. Poderían meter bandas rugosas, pasos peonís en badén, sinalización máis explícita ou incluso radares para sancionar a quen pon en perigo ao resto de persoas co seu egoísmo. Está demostrado que a máis velocidade máis risco de atropelo mortal, por non mencionar a contaminación acústica e ambiental.

Reforma da parada do tranvía na contorna da Torre

30/04/2019  •  Usuario/a borrado/a  •  Distrito 10

A parada do tranvía na contorna da Torre (na avenida de Navarra) atópase nun estado lamentable: auralita rota por mor do vento e temporais da zona, etc. 

Gostaríame que se destinasen os orzamentos participativos a arranxar esta fachada da cidade enfrente dun faro Patrimonio da Humanidade

photo_2019-04-25_12-33-39.jpg

Estanque na Lagoa.

25/04/2019  •  slamelov  •  Distrito 10

Na Lagoa, na praia das Lapas, había unha braña desaaprecida hai tempo. A zona do merendeiro, ten aínda os restos dun regato, sobre o cal hai dúas pontes de madeira. Aproveitar ese regato para facer un estanque natural, onde poidan introducirse anfibios, sería unha boa medida para a biodiversidade desa zona, onde hai moitas aves e pequenos mamíferos. Semellante ao de Eirís, aínda que máis pequeno.

Vereda do Polvorín

Reurbanización de Vereda do Polvorín

14/05/2019  •  slamelov  •  Distrito 10

A rúa Vereda do Polvorín está saturada de coches, como todo o barrio. Coches que impiden ter beirarrúas máis amplas que cumpran coa legalidade e favorezan a mobilidade peonil. É unha das principais rúas do barrio tradicional de Monte Alto, pero ten un urbanismo desastroso. Precisa dun arranxo que inclúa ampliar espazo peonil, medidas reductoras de velocidade, mobiliario urbano e arborado.

Rua San Andrés

REURBANIZACIÓN DA RÚA SAN ANDRÉS (ENTRE SANTA CATALINA E JUANA DE VEGA)

25/04/2019  •  A. Martínez  •  Distrito 10

Seguindo o deseño empregado na primeira humanización desta vía, proponse a continuación da mesma nestre treito da rúa. Esta intervención melloraría o espazo peonil na mesma, e permitiría un aumento de atractivo comercial. O redeseño tería en conta o novo mapa de liñas de transporte público así como a posible implantación de carrís bus/bici recollidos nese plan.

Ampliación da área de baño para o Parrote

Área de baño no Parrote

21/05/2019  •  Javier636  •  Distrito 10

Proponse unha ampliación na zona de baño no Parrote para mellorar a afluencia e contacto entre os veciños e esta zona do porto.

Actualmente moi demandada como área de baño. Numerosos veciños quixeran ampliala.