Na Coruña Contas

Volver

Reurbanización de Vereda do Polvorín

slamelov slamelov  •  14/05/2019  •  Distrito 10  • 

Vereda do Polvorín
Vereda do Polvorín

Código proposta de investimento: 2057

A rúa Vereda do Polvorín está saturada de coches, como todo o barrio. Coches que impiden ter beirarrúas máis amplas que cumpran coa legalidade e favorezan a mobilidade peonil. É unha das principais rúas do barrio tradicional de Monte Alto, pero ten un urbanismo desastroso. Precisa dun arranxo que inclúa ampliar espazo peonil, medidas reductoras de velocidade, mobiliario urbano e arborado.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos