Na Coruña Contas

Volver

Creación dun espazo para actividades relacionadas co baile e a música swing.

1975sanire 1975sanire  •  21/05/2019  •  Distrito 10  • 

Bailando en las plazas
Bailando en las plazas

Código proposta de investimento: 2223

Na nosa cidade somos cada vez máis as persoas que formamos parte do movemento swing, un baile nacido nos Estados Unidos nos anos 20. Pero o swing (lindy hop) é moito máis que un baile e un estilo de música, é unha actividade divertida, que promove a socialización, participativa e saudable, da que forman parte persoas de todas as idades. É por iso que propoñemos que se habilite un lugar onde poidamos realizar bailes sociais con regularidade, e onde tamén poidamos desfrutar da música en directo. Isto pódese facer habilitando un local ou no exterior, acondicionando unha zona cun solo que permita aos bailaríns moverse pola pista sen problemas (solo de tarima de madeira) . Este solo podería instalarse nunha das moitss prazas que temos na nosa cidade e sería un gran punto de encontro para todos aqueles que quixeran unirse as actividades.

 

 

Proposta en nome de: Asociación Cultural Swing Coruña

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos