Na Coruña Contas

Volver

Reforma da parada do tranvía na contorna da Torre

Usuario/a borrado/a  •  30/04/2019  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 1855

A parada do tranvía na contorna da Torre (na avenida de Navarra) atópase nun estado lamentable: auralita rota por mor do vento e temporais da zona, etc. 

Gostaríame que se destinasen os orzamentos participativos a arranxar esta fachada da cidade enfrente dun faro Patrimonio da Humanidade

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos