Na Coruña Contas

Volver

Retirada de beirarrúas e hibridación de rúas Cordelería e Orzán

tuchodefresa@gmail.com tuchodefresa@gmail.com  •  20/05/2019  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 2169

As rúas Cordelería e Orzán, entre a súa confluencia (altura Gadis do Orzán) e a rúa Alta, son vías con moi pouco tráfico rodado e beirarrúas estreitas e con bolardos. Para os peóns non son rúas cómodas, pero, se cadra, non precisan a peonalización total. Proponse facer que as dúas rúas sexan de tránsito preferente para peóns, retirar as beirarrúas e os bolardos, limitar a velocidade do tráfico a 20 km/h, instalar un pavimento rugoso que obstaculice o tráfico rodado a maior velocidade, delimitar zonas de paso para os vehículos a motor e posibles carga e descarga. Instalar cámaras e controis de velocidade que permitan sancionar as infraccións de xeito automatizado.

Deste xeito, os peóns poderían disfrutar máis destas rúas sen que o escaso tráfico que circula por elas se vise afectado.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos