Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
48814634-C880-4C2B-8C13-C67C91B11D80.png

Tarjeta millenium

27/04/2019  •  anafi216@hotmail.com  •  Toda a cidade

porque me parece que a esta altura con los avances tecnologicos que hay, podríamos tener mas opciones de carga de la tarjeta millenium. Se me ocurren dos: 1- poder cargar la tarjeta desde mi móvil sin tener que ir al banco. 2- poder pagar el bus (quienes asi lo quieran) con una app a traves del pay contact, de esta manera reduciriamos en gasto de tarjeta y plasticos, que de echo es una tarjeta que al 80% de los que la tenemos en algun momento nos ha dejado de funcionar, porque es muy sensible a donde la guardas y se suele estropear facilmente.

Habilitar zona para las autocaravanas

21/05/2019  •  rocky  •  Toda a cidade

Habilitar la zona del Portiño o el parking de junto a la Torre con lo esencial para ser una zona para potenciales turistas con lo necesario (luz, agua, carteles informativos...)

Pasos_de_cebra_en_dos_tramos.jpg

Facelos pasos de peóns en dous tramos máis seguros.

30/04/2019  •  mugroso  •  Toda a cidade

Os pasos de peóns en dous tramos, nos que hai un semáforo en verde y outro en vermello ó mesmo tempo son perigosos e en especial para as persoas maiores. Un despiste ó mirar só un dos dous semáforos do paso pode acabar en catástrofe. Coa implementación de medidas de reforzo na metade dos dous tramos, que reforcen o sinal visual e acústico do semáforo, reduciríanse en gran medida os atropelos e aumentaría a seguridade dos mesmos.

Ángel_Senra_Calle_Barcelona.jpg

Unión das rúas peatonais Ángel Senra e calle Barcelona.

29/04/2019  •  mugroso  •  Toda a cidade

Continuar a dúas rúas peatonais Barcelona e Ángel Senra polas rúas Ramón Cabanillas, Sagrada Familia e Antonio Carballo. As rúas peatonais son fontes importántísimas de vida para os barrios, esta unión acercará os dous barrios e axudará a crear unha ronda peonil paralela á ronda de Outeiro. Que intercomunicará a zona da estación de tren e autobuses con toda a zona da Agra do Orzan e San Pedro de Visma, a través a da rúa Barcelona.

ESPAZO DE ARTE URBANA

DESTINAR ALGUNHAS ZONAS DA CIDADE PARA A PRÁCTICA DE ARTE URBANA

21/05/2019  •  fabian89  •  Toda a cidade

Aproveitar espazos da cidade que permitan levar a cabo de xeito controlado actividades de arte urbana.

 Exemplos de placas de Budapest, Venecia, París, Bilbao, Santiago e Londres

Placas de de rúa únicas e en tódolos recunchos

25/04/2019  •  smlebo  •  Toda a cidade

As placas de rúa cumpren unha función esencial nunha cidade. Porén, na Coruña atopamos moitas rúas nas que as placas están colocadas só nalgúns recantos, Por iso, propoño a colocación de placas de rúa en tódolos recantos, para poder identificar ao momento onde se está, e facilitando tamén a orientación.

As placas de rúa tamén son un símbolo da cidade. Son características as de París, Venecia, Bilbao ou Compostela. Por iso, tamén propoño un deseño que sexa característico e único da Coruña.

Unha suxestión sería que as placas incluísen os números dos rueiros, coma sucede en Budapest, o que permite saber cara onde ir cunha ollada rápida. A frecha indicaría o sentido do tráfico da rúa.

As placas poderían incluír un código QR que leve a unha web onde se explique a historia do nome e de edificios ou feitos senlleiros da rúa, ou información práctica para residentes e visitantes.

Instalación de mesas de pimpón en recintos cubertos

20/05/2019  •  tuchodefresa@gmail.com  •  Toda a cidade

Proponse a instalación de mesas de pimpón en recintos cubertos como centros cívicos, deportivos ou outros locais dispoñíbeis polo Concello, que reúnan as condicións precisas para o seu aproveitamento.

O pimpón é un deporte moi beneficioso para a saúde mental e física que se pode practicar a calquera idade, en calquera época do ano e en calquera estado de forma. Ten moito arraigo na Coruña, pero a súa práctica está restrinxida a clubes e sociedades que requiren afiliación e cota.

Ten certos requerimentos na instalación precisa para a súa práctica. Un certo espazo (8x5 m serían as dimensións ideais para cada mesa), iluminación suficiente e sen correntes de aire. As mesas exteriores, nun sitio como A Coruña, son infrautilizadas pola ausencia destas condicións.

Se esta proposta é aprobada, sería moi bo que houbese tamén plans de promoción social da utilización destas instalacións.

Proxecto web «Lembranzas da Coruña»

25/04/2019  •  smlebo  •  Toda a cidade

«Lembranzas da Coruña», está inspirado nas webs «Memoria de Madrid» e «Recordos en Branco e Azul», e é un proxecto que consistiría na creación dunha web que achegase a historia da Coruña á cidade.

Nesta web facilitaríase o acceso a fondos históricos da cidade, en colaboración coas bibliotecas e arquivos municipais, e tamén podería vincularse directamente a outros proxectos, coma o de placas de rúas ou o de «Vivencias da Coruña».

Por outra banda, e seguindo o proxecto «Recordos en Branco e Azul», recibiríanse achegas documentais, fotográficas ou videográficas sobre a historia da cidade, que se clasificarían e organizarían para permitir o acceso a todo interesado e apaixoado pola nosa cidade.

D1B6AD8E-2010-477B-8D38-ABB487AB67B9.jpeg

Programa de residencias

26/04/2019  •  javiermartin  •  Toda a cidade

Un programa de residencias artísticas en el Teatro Rosalía de Castro y otro en el Teatro Colón para que los creadores y creadoras de la ciudad puedan investigar, reflexionar y operar sobre el territorio, activando un horizonte de prácticas en cultura más interesante para todas. 

 

Eliminar o tráfico de automóbiles privados no centro da cidade

06/05/2019  •  carmela.6  •  Toda a cidade

Trátase de converter o centro da cidade nun espazo máis saudable e agradable. Propoño restrinxir a circulación de vehículos de motor polo centro da cidade. Deste modo favorecemos aos peóns, o uso maioritario do transporte público e outros tipos de vehículos de movilidade persoal. Só os residentes, as persoas de movilidade reducida e os servizos públicos de transporte, de seguridade e emerxencias poderán acceder á zona centro con vehículos a motor.

Sería necesario só mellorar a frecuencia e as conexións do bus urbano entre os diferentes barrios da cidade e o centro, tendo en conta que os buses metropolitanos entran xa agora ata os Xardíns de Méndez Núnez.