Na Coruña Contas

Volver

Instalación de mesas de pimpón en recintos cubertos

tuchodefresa@gmail.com tuchodefresa@gmail.com  •  20/05/2019  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2174

Proponse a instalación de mesas de pimpón en recintos cubertos como centros cívicos, deportivos ou outros locais dispoñíbeis polo Concello, que reúnan as condicións precisas para o seu aproveitamento.

O pimpón é un deporte moi beneficioso para a saúde mental e física que se pode practicar a calquera idade, en calquera época do ano e en calquera estado de forma. Ten moito arraigo na Coruña, pero a súa práctica está restrinxida a clubes e sociedades que requiren afiliación e cota.

Ten certos requerimentos na instalación precisa para a súa práctica. Un certo espazo (8x5 m serían as dimensións ideais para cada mesa), iluminación suficiente e sen correntes de aire. As mesas exteriores, nun sitio como A Coruña, son infrautilizadas pola ausencia destas condicións.

Se esta proposta é aprobada, sería moi bo que houbese tamén plans de promoción social da utilización destas instalacións.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos