Na Coruña Contas

Volver

Unión das rúas peatonais Ángel Senra e calle Barcelona.

mugroso mugroso  •  29/04/2019  •  Toda a cidade  • 

Ángel_Senra_Calle_Barcelona.jpg
Ángel_Senra_Calle_Barcelona.jpg

Código proposta de investimento: 1849

Continuar a dúas rúas peatonais Barcelona e Ángel Senra polas rúas Ramón Cabanillas, Sagrada Familia e Antonio Carballo. As rúas peatonais son fontes importántísimas de vida para os barrios, esta unión acercará os dous barrios e axudará a crear unha ronda peonil paralela á ronda de Outeiro. Que intercomunicará a zona da estación de tren e autobuses con toda a zona da Agra do Orzan e San Pedro de Visma, a través a da rúa Barcelona.

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada non viable segundo o seguinte informe do equípo técnico municipal: As ruas que unen Angel Senrra e a rúa Barcelona, teñen diferente topoloxia .Tendo en conta que a renovación dun metro tipo e aproximadamente de 2,240,00 €/metro, e a lonxitude a reformar e de aproximadamente de 860 m, a actuación supera amplamente o presuposto limite destinado a esta tipoloxia, que e de 1.000.000,00 € Agradecemos a tua participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición don programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos