Na Coruña Contas

Volver

Facelos pasos de peóns en dous tramos máis seguros.

mugroso mugroso  •  30/04/2019  •  Toda a cidade  • 

Pasos_de_cebra_en_dos_tramos.jpg
Pasos_de_cebra_en_dos_tramos.jpg

Código proposta de investimento: 1865

Os pasos de peóns en dous tramos, nos que hai un semáforo en verde y outro en vermello ó mesmo tempo son perigosos e en especial para as persoas maiores. Un despiste ó mirar só un dos dous semáforos do paso pode acabar en catástrofe. Coa implementación de medidas de reforzo na metade dos dous tramos, que reforcen o sinal visual e acústico do semáforo, reduciríanse en gran medida os atropelos e aumentaría a seguridade dos mesmos.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos