Na Coruña Contas

Volver

reordenamiento rúa San José, ampliación aceiras e anulación prazas aparcadoiro

rubenduruelo rubenduruelo  •  18/04/2018  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 726

Debido á estreiteza da rúa San José, non poden acceder nin os servizos de recollida de lixo, nin de asistencia, algunhas ambulancias, por suposto o camión de bombeiros teno imposible, parece evidente que se debería de ampliar a beirarrúa, polo menos, dos números impares e suprimir as prazas de aparcadoiro nese mesmo lado.

Localización: Semanalmente, algún dos coches aparcados na rúa perde un espello retrovisor, como consecuencia do paso dos vehículos.

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "A rúa San José conta cunha sección limitada para albergar un carril de circulación e aparcadoiros a ambas marxes, por iso, proponse a anulación dos aparcadoiros dun lado, ampliando así as beirarrúas e deixando un carril de ancho cómodo para a circulación dos vehículos de grandes dimensións así como a creación de una rede de pluviais inexistente nesta rúa actualmente. A remodelación do ancho total da rúa de 120 metros de lonxitude supón un investimento de 120.000 € aproximadamente." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • davidmartin

    Custame entender a lóxica desta proposta. Totalmente de acordo en que conviña ampliar a calzada da Rúa San José xa como comenta melloraría o paso dos servizos de emerxencias e vehiculos máis anchos cun turismo. Como asiduo desta rua sei que se rompen moitos espellos nela, eu diría que ocurre todolos días, non todalas semanas.

    O que non entendo é razoamento de porque necesario ampliar as beirarúas e porque ten que ser especificamente o do lado impar. Quizais exista unha razón pero non se ofrece ningunha.

    (Continua)

      • davidmartin

        2. Vou intentar razoar porque ainda que se amplie a calzada non é convinte ampliar as berarúas. Para empezar esta é unha zona de pouco transito de persoas, que ten unhas berarúas tan anchas como poda ter algunha das principais ruas das cidade. Podese circular pola berarúa cun carrito con xemelgos (desos biplaza) perfectamente e ainda hai sitio para que veña algen de frente. Evidentemente se se amplia o tamaño da beirarúa se reduciría o tamaño da calzada, e sento unha das rúas mais estraitas da cidade te quedas sen sitio para ampliar a calzada.

        Se ainda asi se decidira ampliar as berarúas o lado impar sería o peor, tendo en conta que o obxetivo é mellorar o servizo que reciben os veciños desta rua. Actualmente a rua conta con dous bares que destacan polo reducido do tamaño do seu local e a importante afluencia de publico. Evidentemente todo este publico non cabe no local, así que os camareiros sirven o alcohol e organizan espectaculos musicais directamente na rua.

          • davidmartin

            3. Cando digo na rúa me refiro que é habitual que coloquen mesas nas prazas de aparcadoiro, porque a acera non lles chega, e que isto é a norma, non algo esporadico.

            ¿Teñen licencia para isto? Evidentemente non porque a ordenanza de terrazas require deixar polo menos 1,5 metros libres e que a acera teña un ancho de 2,50 metros para instalar unha terraza. Supostamente algunha vez piden permiso para "ocupación temporal" da aceira pero entendo que este permiso temporal non dura 365 dias ó ano e non da permiso para servir alcohol. Tamen entendo que non dará permiso para montar actuacions musicais en directo nocturnas e abrir portas e fiestras para que escoitos os de fora (incrumprindo artigos 35 e 40 da ordenanza protección contaminación acústica). Entendo que tampouco teñen unha dispensa para cumprir codigo de seguridade vial que lles permita colocar mesas na zona de aparcamento e invadir a calzada.

              • davidmartin

                4. E entendo que tampouco dará ós camareiros destes locales o titulo de axentes da autoridade para dirixir o tráfico e decidan onde pode e onde non deben aparcar os conductores.

                Pero se o que realmente precisan é mais acera sería convinte eliminar as mesas plegables pero permanentes, que colgan das paredes exteriores destes bares.

                Dado que a capacidade destes bares é minima estarán moi interesados en instalar máis mesas no exterior mais grandes. Quizais ata podan legalizar a sua actividade porque evidentemente é convinte premiar a aqueles que levan anos incurrindo en actividades ilegais e sen dubida isto fará que non volvan a invadir máis espazo do que lles corresponde.

                Supoño que os veciños estarán moi contentos pois isto tamen provocará o rexudirmento de outros dous bares, un que non ten case actividade e outro que nunca chegou a abrir, porque ninguén entra dentro busquen a sua rentabilidade fora do seu local, e pasen a ser rentables gracias a servir alcohol na acera.

                  • davidmartin

                    5. Espero que o señor Ruben Duruelo, que según Infocif tivo negocios na hostelería, non teña nada que ver con estes locais e simplemente non sexa consciente de canto isto perxudicaría os veciños.

                    Se unha parte desta proposta é interesante e razoada outra faría que emporase a calidade de vida dos veciños.

                    Notese que esta plataforma non permite votar negativo ás propostas, polo cal nin eu nin outro veciño puido rexeitar esta proposta mediante o voto.

                      • rubenduruelo
                        rubenduruelo  •  Autor  •  14/06/2018 08:11:57

                        mi anterior respuesta se produjo antes del punto5. del señor David Martin, pero no puedo dejar sin respuesta su último comentario. Primero porque miente y encima con un respaldo tan "válido" como infocif, luego valorar o no mi consciencia es menos que atrevido, y me gustaría dejar claro que hacer esta crítica, que me parece muy loable, pero 1 hora antes de que se cierren las votaciones en positivo de las propuestas, me parece cuando menos interesado y curios, pues ha tenido mas que tiempo para hacerlas y que pudiera defender mi propuesta. Y en mi anterior respuesta comenté que la propuesta nada tiene que ver con los bares y la mantengo, pero además es que mi relación con la hosteleria es inxistente a nivel profesional, no ya como cliente. A pesar de todo lo dicho muchas gracias por sus comentarios, y creo que el animo de este herramienta participativa, no es la de entrar en polémicas, o en valoraciones negativas, si está de acuerdo la apoya si no no, y creo que las "reglas" son claras

                        Sen respostas
Non hai fitos definidos