Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 9

Propostas de investimento non viables: Distrito 9

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Monumento os mariñeiros

14/05/2018  •  carlossuarezmartinez  •  Distrito 9

Si decimos ca Coruña he unha cidade mariñeira. No que respeta.. a homenaxear as xentes do mar, e un pouco cutre. polo tanto propoño que se faga unha escultura e se poña preto do barrio (dos mariñeiros) .

PLANTACIÓN ARBORADO E REMODELACIÓN AVDA. ARTEIXO

14/05/2018  •  luis2castros  •  Distrito 9

 

Plantación árbores na avenida de arteixo no tramo entre o Palacio da Ópera e a Ronda de Nelle, plantación de arborado tamén na mediana nese tramo e nos xardíns entre ela e a rúa Hospital.

Centro civico Santa Margarida

Melloras no centro cívico de Santa Margarida

11/05/2018  •  Loairas  •  Distrito 9

Habilitar conexión a internet no centro cívico que se atopa dentro do Parque de Santa Margarida. Se é posible pór un teito verde no que as persoas poidan prantar xa que é moi usado polas persoas da terceira idade de movilidade reducida e preguntan moito por espazos nos que poder cultivar as súas flores e prantiñas. Se fose inviable ver a posibiidade de habilitar algunhas hortas ou espazos verde comunitarios q poidan ser usados pola cidadanía dentro do parque

ampliacion de bierraruas na Rua Peru

11/05/2018  •  jjsgchecho@yahoo.es  •  Distrito 9

ampliacion das beirraruas na rua Peru co fin de que podian ser accesibles as cadeiras de rodas , polo menos en un dos seus marxenes 

Estado actual da Rúa Alfredo Tella

REURBANIZACIÓN RÚA ALFREDO TELLA

03/05/2018  •  A. Martínez  •  Distrito 9

Actualmente esta rúa supón un corredor moi concorrido entre O Ventorrillo e o Agra do Orzán.

Proponse a ampliación de beirarrúas, actualmente estreitas e en mal estado, a renovación da red de saneamento e a conexión das baixantes de pluviais coa mesma (actualmente desaugan na rúa), así como a plantación de arborado e a mellora da seguridade peonil nos cruzamentos e pasos de peóns.

Instalación de un semáforo en la Avda. de Finisterre a la altura del Mercadona

09/05/2018  •  silviarg  •  Distrito 9

Hay muchísima gente que hace sus compras en ese supermercado y al salir cargados de bolsas los semáforos más próximos para ir hacia el Ventorrillo están bastante lejos y se pierde mucho tiempo. De hecho para acortar el recorrido muchas personas cruzan en ese punto arriesgando su seguridad y la de los coches que circulan por la avenida.

Rúas libres de excrementos de mascotas

18/04/2018  •  xap_39  •  Distrito 9

Cada día máis xente ten cans nas súas casas, e pese a que moitos teñen o civismo suficiente para recoller os regaliños que van deixando, son moitos os que se negan a facelo, deixando incluso que os cans fagan as súas necesidades nas portas das nosas casas. A miña proposta é a de realizar un investimento inicial para reforzar os efectivos da policía local para que multen a xente que non respeta o espazo público. Cos cartos recollidos coas multas poderíase recuperar en parte o salario deses efectivos ou destinalos a refuxios municipais. 

IMG_20180408_130304_718-780x1040.jpg

Continuación saneamiento aceiras ronda outeiro 280

30/04/2018  •  excain  •  Distrito 9

Saneamiento e troco de baldosas e continuacion das aceiras por deterioro das existentes dende a ronda de outeiro con vila de negreira a ronda de outeiro con almirante mourelle

TITULO: "Converter prazas de aparcamento en espazo peonil no Agra"

13/05/2018  •  Carololosada  •  Distrito 9

 

 A Agra do Orzán é un dos barrios mais poboados da cidade pero este carece de espacios de calidade  para os peóns e unha falta de espacios verdes ademais dunha excesiva presencia do coche. O que se quere propor é unha actuación onde se sustituan 3 prazas de aparcamento a nivel de rúa para poder extender o espacio da beirarua. Este espacio podería ser usado, separado da rúa por unha barrera vexetal que cumpra as veces de elemento que axude a reverdecer o barrio, para establecer zonas de permanencia ó sol (con bancos, pérgolas e espacios de terra para recuperar vellos xogos coma o trompo), protexidos do tráfico rodado que aumenten a porcentaxe de espacio público por habitante e reduza a presencia do coche. Esta pequena actuación podería replicarse por lugares estratéxicas do barrio para que a mellora fose expandida homoxeneamente por todo o barrio.

Medianas Rolda Outeiro Verdes

20/04/2018  •  125  •  Distrito 9

Na Rolda de Outeiro, entre o seu cruzamento coa Avda de Peruleiro e a Avda de Finisterre, ten unha mediana feita de cemento. 

Propoño estreitar as prazas de aparcamiento e os dous carriles en ambolos sentidos, e ampliar a mediana. No espazo resultante, reverdecela plantando:

-Árbores pequenos (como os que hai na rúa Juan Flórez actualmente) onde o solo o permita.

-Arbustos e maleza onde o solo sexa máis difícil.

Penso que levando a cabo esta proposta melloraríamos a imaxe dunha das rúas máis grises da cidade, facendoa moito máis habitable e agradable.