Na Coruña Contas

Volver

Medianas Rolda Outeiro Verdes

125 125  •  20/04/2018  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 818

Na Rolda de Outeiro, entre o seu cruzamento coa Avda de Peruleiro e a Avda de Finisterre, ten unha mediana feita de cemento. 

Propoño estreitar as prazas de aparcamiento e os dous carriles en ambolos sentidos, e ampliar a mediana. No espazo resultante, reverdecela plantando:

-Árbores pequenos (como os que hai na rúa Juan Flórez actualmente) onde o solo o permita.

-Arbustos e maleza onde o solo sexa máis difícil.

Penso que levando a cabo esta proposta melloraríamos a imaxe dunha das rúas máis grises da cidade, facendoa moito máis habitable e agradable.

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos