Na Coruña Contas

Volver

TITULO: "Converter prazas de aparcamento en espazo peonil no Agra"

Carololosada Carololosada  •  13/05/2018  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 1461

 

 A Agra do Orzán é un dos barrios mais poboados da cidade pero este carece de espacios de calidade  para os peóns e unha falta de espacios verdes ademais dunha excesiva presencia do coche. O que se quere propor é unha actuación onde se sustituan 3 prazas de aparcamento a nivel de rúa para poder extender o espacio da beirarua. Este espacio podería ser usado, separado da rúa por unha barrera vexetal que cumpra as veces de elemento que axude a reverdecer o barrio, para establecer zonas de permanencia ó sol (con bancos, pérgolas e espacios de terra para recuperar vellos xogos coma o trompo), protexidos do tráfico rodado que aumenten a porcentaxe de espacio público por habitante e reduza a presencia do coche. Esta pequena actuación podería replicarse por lugares estratéxicas do barrio para que a mellora fose expandida homoxeneamente por todo o barrio.

Localización: agra do orzán

Proposta en nome de: proxecto Participagra do Colab 2017

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos