Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 6

Propostas de investimento non viables: Distrito 6

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Habilitar aparcadoiro zona Centro Saude Monte das Moas

05/05/2018  •  cocasina  •  Distrito 6

Propoño habilitar como aparcadoiro a zona a carón do Centro de Saúde do Castrilllón, actualmente en total abandono, sendo utilizado xa irregularmente como aparcadoiro precario. Este aparcadoiro poderá darservizo aos usuarios do Centro de Saúde do Castrillón, a Escola Infantil Municipal Carricanta, o Polideportivo Monte das Moas, aos usuarios de Correos, do Instituto Monte das Moas e do Colexio Anxo da Guarda e por suposto aos veciños da zona e visitantes do parque de Eiris e da Praia de Oza. Tamén poderíase usar como aparcadoiro disuasorio dos visitantes da cidade que accedan dende a Ponte Pasaxe e que non queran entrar no centro co seu vehículo. Éstes usuarios teñen próximas (200 metros) as paradas do Bus Urbano dos Castros: 1, 2, 2A, 12, 12A, 14, 17, 20, 22, BUH.

Camiño_de_Santiago.jpg

Camiño de Santiago. Non cambiar o percorrido para especular.

14/05/2018  •  monicaeiris  •  Distrito 6

O Camiño de Santiago atravesaba Eirís. Era o Camiño de Eirís. Partía da Estrada de Eirís, entraba en Eirís de Abaixo, pasaba pola Fonte dos Caños, pola casa de Xosé Lesta Meis, subía cara MonteMero, e Baixaba a Pedralonga. E así figuraba nas escrituras das fincas colindantes, como Camiño Real.

Coas obras do Parque Ofimático apareceron na Estrada de Eirís uns carteis coa lenda de "Desvío provisional do Camiño de Santiago" . E as excavadoras arrasaron o camiño, incomunicaron parte do barrio, substituíndoo por unhas escaleiras imposibles. 

Agora ese tramo é propiedade do Concello.  E solicitamos que o habiliten de novo como Camiño, e poder tamén recuperar o Camiño de Santiago. 

MELLORA DA ILUMINACIÓN NO BARRIO DE PEDRALONGA

22/04/2018  •  a.vv.pedralonga  •  Distrito 6

Xa fai anos que nos enfrentamos á problemática de que os nosos lugares e calles non están ben iluminados. Faise moi necesaria a presenza dunha boa iluminación.

Necesitamos sentirnos seguros pola noite e ver con claridade por donde andamos, no barrio viven nenos e xente maior e ás veces faise perigoso.Podemos tropezar ou incluso levar un bo susto

E, hay que ter en conta, que en Galicia carecemos de bastantes horas de luz, sobretodo no invierno.

Pedimos unha mellora neste senso.

Creación de parque infantil e zona verde

14/05/2018  •  RB  •  Distrito 6

Hai un terreo que actualmente se usa como aparcadoiro e atópase na Rúa Fariña Ferreño (frente ao Restaurante JaviMar). Propoño facer un parque infantil e zona verde. Ademais está moi ben orientado e dalle bastante ao sol co que se usaría seguro.

lamadosaaa.jpg

Adecentar PARQUE DE EIRÍS en la avenida de Lamadosa, Nº22

18/04/2018  •  jarg  •  Distrito 6

En el parque de Eirís hay un terreno abandonado justo al lado del edificio nº22 en la avenida de Lamadosa. El ayuntamiento creo que desconoce que dicho terreno le pertenece porque hasta hace poco lo usaba una casa que hay allí. 

Propongo que en ese terreno en el que ahora solo hay maleza y porquería que periódicamente cuando se corte la hierba en el parque de Eirís que tambien puedan cortar esa maleza y se pongan unos bancos o una pequeña área de recreo  para resguardarse de los días que hace viento en el parque, ya que prácticamente hace viento siempre. 

Propongo que ese área fuera adoquinada o de terrazo para que no hubiera que ir periódicamente a cortar la hierba.

Darlle utilidade a un terreo en desuso

14/05/2018  •  RB  •  Distrito 6

Esta proposta diríxese o terreo municipal que se atopa entre as rúas Alicante, Jose Mª Hernansaez e Avda da Concordia. O ano pasado fixen unha proposta sobre este terreo e contestáronme que hai unha pequena sección na parte sur dese terreo que é municipal, o resto é de titularidade privada. Esta proposta diríxese a ese terreo municipal que está delimitado físicamente por un muro. Xa que é municipal haberá que darlle algún uso. Propoño facer nel un área canina.

un estudio do deterioro das fachadas do noso Barrio

18/04/2018  •  psexto  •  Distrito 6

Concello faga un estudio do deterioro das fachadas do noso Barrio. e con dito estudio obrigue a Autoridade Portuaria a que subvencione o arranxo por deterioro e limpeza das fachadas do noso barrio como consecuencia das tan denunciadas descargas de carbón, graneis, etc.

Edificio Modernista

18/04/2018  •  psexto  •  Distrito 6

Dende hai moitos anos os veciños de Gaiteira - Os Castros estamos a pedir a rehabilitación deste emblemático edificio. O seu aspecto actual fai que a imaxe da avenida e do barrio sexa de abandono.

O edificio colindante, onde antes estaba ubicada unha tintorería no seu baixo, é un cúmulo de lixo, sumidoiros rotos e pestilentes sendo un foco de infección e coa presenza contínua de ratas.

Escola infantil entre a zona da Gaiteira e Os Castros

18/04/2018  •  psexto  •  Distrito 6

Tamén solicitamos a creación dunha Escola infantil entre a zona da Gaiteira e Os Castros. Propoñemos converter a cafetería do Parque Europa, que actualmente  está pechada, nesta Escola solicitada. É propiedade municipal solo o concello recuperar a Concesión xa que na actualidade esta en desuso

Obras de reordenación tráfico en cruce Calle Bergondo/Avda. Casanova de Eirís

08/05/2018  •  dverdini  •  Distrito 6

La A. VV. Castrillón-Urbanización Soto "IAR" propone llevar a cabo diversas obras de reordenación del tráfico en el cruce de la Calle Bergondo con la Avda. Casanova de Eirís que puede incluir, entre otras obras de infraestructuras, la instalación de una glorieta que permita mejorar la circulación en la zona así como la seguridad tanto para el tráfico motorizado como para la movilidad peonil y ciclable.