Na Coruña Contas

Volver

Habilitar aparcadoiro zona Centro Saude Monte das Moas

cocasina cocasina  •  05/05/2018  •  Distrito 6  • 

Código proposta de investimento: 1087

Propoño habilitar como aparcadoiro a zona a carón do Centro de Saúde do Castrilllón, actualmente en total abandono, sendo utilizado xa irregularmente como aparcadoiro precario. Este aparcadoiro poderá darservizo aos usuarios do Centro de Saúde do Castrillón, a Escola Infantil Municipal Carricanta, o Polideportivo Monte das Moas, aos usuarios de Correos, do Instituto Monte das Moas e do Colexio Anxo da Guarda e por suposto aos veciños da zona e visitantes do parque de Eiris e da Praia de Oza. Tamén poderíase usar como aparcadoiro disuasorio dos visitantes da cidade que accedan dende a Ponte Pasaxe e que non queran entrar no centro co seu vehículo. Éstes usuarios teñen próximas (200 metros) as paradas do Bus Urbano dos Castros: 1, 2, 2A, 12, 12A, 14, 17, 20, 22, BUH.

Localización: Monte das Moas

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos