Na Coruña Contas

Volver

Camiño de Santiago. Non cambiar o percorrido para especular.

monicaeiris monicaeiris  •  14/05/2018  •  Distrito 6  • 

Camiño_de_Santiago.jpg
Camiño_de_Santiago.jpg

Código proposta de investimento: 1493

O Camiño de Santiago atravesaba Eirís. Era o Camiño de Eirís. Partía da Estrada de Eirís, entraba en Eirís de Abaixo, pasaba pola Fonte dos Caños, pola casa de Xosé Lesta Meis, subía cara MonteMero, e Baixaba a Pedralonga. E así figuraba nas escrituras das fincas colindantes, como Camiño Real.

Coas obras do Parque Ofimático apareceron na Estrada de Eirís uns carteis coa lenda de "Desvío provisional do Camiño de Santiago" . E as excavadoras arrasaron o camiño, incomunicaron parte do barrio, substituíndoo por unhas escaleiras imposibles. 

Agora ese tramo é propiedade do Concello.  E solicitamos que o habiliten de novo como Camiño, e poder tamén recuperar o Camiño de Santiago. 

Localización: Aquí vese en vermello a escaleira https://www.google.es/maps/@43.3348223,-8.3975092,532m/data=!3m1!1e3

Proposta en nome de: Asociación Veciñal de Eirís

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos