Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 6

Propostas de investimento non viables: Distrito 6

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Urbanización da Avda Casanova de Eirís entre Antonio Ríos e polideportivo

09/05/2018  •  martinag  •  Distrito 6

A avenida Casanova de Eirís no seu tramo entre a rúa Antonio Ríos e o polideportivo do Castrillón ten un ancho a metade do resto da avenida. Proponse manter o ancho do tramo restante da avenida, é dicir apertura de rúa para dobre sentido de circulación de vehículos e construción dunha beirarrúa nos números pares da rúa. Tratase simplemente de dar continuidade as condicións que existen no resto da avenida, dobre sentido de circulación e beirarrúas por ambos lados da rúa.

Urbanización Rúa Castrillon

12/05/2018  •  martinag  •  Distrito 6

Despois de reformar o Montiño, a rua Castrillón quedou no século pasado, hai zonas sen urbanizar (area Concordia) non hai árbore ningunha, beirarrúas estreitas ou inexistentes. Este barrio precisa ser conectado e dignificado xa!

concordia.JPG

PASO PEÓNS AVDA. CONCORDIA/AVDA. PASAXE

11/05/2018  •  olgasotillo  •  Distrito 6

A mobilidade na cidade a miúdo está máis pensada para o vehículo privado que para os peóns, cando a maior parte dos desprazamentos que se producen son andando.

Propónse a creación dun novo paso de peóns no cruzamento da avenida da Concordia coa da Pasaxe, conectando as paradas de autobús das dúas marxes e evitando percorridos innecesarios.

Completar a urbanización da rúa Carballo, rúa Montes e da Av. Casanova de Eirís

09/05/2018  •  juancarcia  •  Distrito 6

O barrio do Castrillón ten moitas carencias a nivel de urbanización, pero un primeiro paso sería completar a urbanización da rúa Carballo, rúa Montes e da Avenida Casanova de Eirís. O obxectivo desta proposta é mellorar o tráfico dos vehículos nesta zona do barrio, sobre todo despois de que a rúa Montiño pasara a ser de sentido único de baixada.

Bandas rugosas en paso de cebra en Avda Lamadosa/Jeronimo Vazquez

24/04/2018  •  hadrian  •  Distrito 6

En toda Av Lamadosa, excepto aqui estan instaladas, sendo necesarias pola velocidade dos vehiculos que desde este punto se dirixen a rúa Javier López López

Senda Verde y Carril Bici conexión Parque de Eirís y Parque de Oza

08/05/2018  •  dverdini  •  Distrito 6

La A. VV. Castrillón-Urbanización Soto "IAR" propone crear una senda verde y carril bici entre los Parques de Eirís y de Oza que facilite la conexión peonil y ciclable entre los dos pulmones verdes.

Habilitar aparcadoiro zona Centro Saude Monte das Moas

05/05/2018  •  cocasina  •  Distrito 6

Propoño habilitar como aparcadoiro a zona a carón do Centro de Saúde do Castrilllón, actualmente en total abandono, sendo utilizado xa irregularmente como aparcadoiro precario. Este aparcadoiro poderá darservizo aos usuarios do Centro de Saúde do Castrillón, a Escola Infantil Municipal Carricanta, o Polideportivo Monte das Moas, aos usuarios de Correos, do Instituto Monte das Moas e do Colexio Anxo da Guarda e por suposto aos veciños da zona e visitantes do parque de Eiris e da Praia de Oza. Tamén poderíase usar como aparcadoiro disuasorio dos visitantes da cidade que accedan dende a Ponte Pasaxe e que non queran entrar no centro co seu vehículo. Éstes usuarios teñen próximas (200 metros) as paradas do Bus Urbano dos Castros: 1, 2, 2A, 12, 12A, 14, 17, 20, 22, BUH.

Líneas de autobuses hacia el Centro Comercial MARINEDA

11/05/2018  •  Poeme  •  Distrito 6

Las personas que no tenemos coche y vivimos por la zona del Castrillon, tenemos una gran dificultad para acceder a ese gran centro comercial, donde o bien podemos ir a trabajar, a pasar una tarde de compras, de ocio o bien de invitación a cumpleaños. A mí me parece un atraso, que siendo un centro tan grande, viniendo gente incluso de fuera a hacer sus compras, las personas de ciertas zonas de nuestra ciudad tengamos tantas dificultades para acceder al famoso MARINEDA.

En nuestro caso, o bien dependemos de alguien o nos sale más rentable coger un taxi que tener que desplazarnos a coger la línea 11 ó la 5, eso sí, siempre y cuando no sea hora punta y entonces nos dejamos el sueldo.

Edificio Modernista

18/04/2018  •  psexto  •  Distrito 6

Dende hai moitos anos os veciños de Gaiteira - Os Castros estamos a pedir a rehabilitación deste emblemático edificio. O seu aspecto actual fai que a imaxe da avenida e do barrio sexa de abandono.

O edificio colindante, onde antes estaba ubicada unha tintorería no seu baixo, é un cúmulo de lixo, sumidoiros rotos e pestilentes sendo un foco de infección e coa presenza contínua de ratas.

Corte de maleza en los solares públicos y privados de la calle

11/05/2018  •  raquelillasoy  •  Distrito 6

Corte de maleza en los solares de la calle.