Na Coruña Contas

Volver

Urbanización da Avda Casanova de Eirís entre Antonio Ríos e polideportivo

martinag martinag  •  09/05/2018  •  Distrito 6  • 

Código proposta de investimento: 1177

A avenida Casanova de Eirís no seu tramo entre a rúa Antonio Ríos e o polideportivo do Castrillón ten un ancho a metade do resto da avenida. Proponse manter o ancho do tramo restante da avenida, é dicir apertura de rúa para dobre sentido de circulación de vehículos e construción dunha beirarrúa nos números pares da rúa. Tratase simplemente de dar continuidade as condicións que existen no resto da avenida, dobre sentido de circulación e beirarrúas por ambos lados da rúa.

Informe de inviabilidade

Agradecemos a túa proposta pero é inviable pois, aínda que a avenida é de titularidade municipal, as parcelas colindantes pertencen a un polígono aínda pendente de desenvolvemento urbanístico.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos