Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 2

Propostas de investimento non viables: Distrito 2

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

CREAR UN PARQUE NA ZONA DE PENAMOA

14/05/2018  •  jesuscalvo  •  Distrito 2

Crear un parque na zona de Penamoa con xogos, merendeiro e bancos para disfrutar das vistas.

Exemplos de invisibilidade nos pasos de peóns

Adiantar beirarrúas nos pasos de peóns de Alc. Suárez Ferrín

13/05/2018  •  Ismael Caamaño  •  Distrito 2

A rúa Alc. Suárez Ferrín, que circunvala a Praza Elíptica, conta con numerosos pasos de peóns (8), que son atravesados diariamente por centos de persoas, na maioría nenos e anciáns que acoden ao parque infantil, a pasear, ao Centro Cívico...

A problemática radica en que os vehículos que os vehículos estacionados impiden a visión aos coches que circulan e non deixan velas persoas que van a cruzar, polo que se dan situacións de perigo para os peóns. Na foto pódese ver que detrás de calquera coche podería haber un neno que vai cruzar e non sería visible ata estar enriba del.

A solución básase no adiantamento das beirarrúas, retrasando o estacionamento, de forma que se forme unha cuña de visibilidade que facilite a percepción recíproca vehículo-peón.

Sería necesario tamén no final de Manuel Azaña (onde se atopa a farmacia, óptica, parada de taxis) outros 4 pasos.

Creación dun circuito de cross e BTT en Penamoa

18/04/2018  •  AnibalR  •  Distrito 2

O lugar do extinto poboado chabolista de Penamoa xa está libre da lacra da droga, e nada mellor que aproveitar os miles de metros cadrados existentes e axeitalos para a práctica deportiva do BTT ou probas atléticas de cross: deporte, saúde, medioambiente nun entorno paradisíaco.

Arreglar a rúa o BARRAL - SAN PEDRO DE VISMA

11/05/2018  •  paz.garcia  •  Distrito 2

Hola 

Desde hace tres años llevo a mi hijo al colegio San Pedro de Visma.  Todos los días de cole, tengo que bajar dos veces por la calle o BARRAL, cuando dejo al niño por la mañana, y cuando lo recojo por la tarde.  

Esa calle, lleva estos tres años llena de baches, o más que baches cráteres. En estos tres años, he puesto varias reclamaciones en la web del concello para que la arreglen pero no han hecho nada. 

Y es una calle de mucho tránsito, porque la utilizan a diario los vecimos de la zona para incorporarse a la tercera ronda. 

Estaría bien que la arreglasen de una vez. 

Plantaciòn de 1.000 plàntulas de árbores autóctonas no monte de S. Pedro

14/05/2018  •  mariajp  •  Distrito 2

Árbores pequechas para facilitar a sua adaptación e millorar a actual biodiversidade da zona, ampliando diste xeito as frondosas para ir sustituindoas polas invasoras tipo eucalipto.

accesosCarmenCervigon.jpg

Accesos EIM Carmen Cervigón

14/05/2018  •  pepinha  •  Distrito 2

O acceso á guardería Carmen Cervigón así como á residencia de ancianos anexa faise por ronda de outeiro, onde o tráfico é moi rápido e con varios carriles. Propoño unha pacificación deste tramo mediante bandas rugosas e avisos de centro escolar ou outras medidas, para securizar este entorno, xa que prácticamente ningún coche respeta a velocidade marcada para cidade de 50km/hora, e aliminar o semáforo ámbar para os coches que se incorporan da Estrada dos Fortes, xa que resulta moi perigoso e non respetan o paso de peóns

Arreglo aparcadoiro Ágora

13/05/2018  •  rosa_lia  •  Distrito 2

O aparcadoiro situado en fronte do Centro Ágora, na Gramela, precisa dunha urxente e fonda reparación, posto que non cumpre as condicións mínimas: fochancas, lameiras, po nas secas que emporca o barrio, depósito de coches abandonados, etc. 

A actuación que se propón implicaría o asfaltado, canalización de augas, marcado das prazas de aparcamento, sinalización e instalación de papeleiras.

Parque de bens

25/04/2018  •  vales  •  Distrito 2

Ampliar el parque de bens en los terrenos situados entre el mismo parque  y a estrada do portiño, asi como la plantacion de arboles autoctonos en el parque, que hay bastante espacio

paso1.jpg

Escalera o rampa frente a las paradas de autobuses de Emilio González López 54

26/04/2018  •  idlc  •  Distrito 2

Frente a las paradas de buses de Emilio González López 54 y Os Rosales/cruce San Pedro de Visma hay un paso de peatones para cruzar al otro lado de la calle Emilio González López que no tiene continuidad. Para poder cruzar hacia/desde la parada por el paso de peatones hay que atravesar por la mediana ajardinada, lo que es muy incómodo al no estar asfaltado. Sugiero que se ponga una rampa o escaleras para poder cruzar más cómodamente, dando más uso a ese paso de peatones. Es el único paso de peatones de toda la calle que no tiene escaleras o rampa para cruzar cómodamente al otro lado.

Vista do cruce

Rotonda no cruce da Estrada dos Fortes coa Rúa Castelao

13/05/2018  •  Ismael Caamaño  •  Distrito 2

Neste cruce existe un grave problema de fluidez no tráfico, sobre todo para os vehículos que saen da rúa Castelao ou que pretenden acceder a ela (incluido o bus que ten a parada alí).

Igualmente derivado da elevada velocidade coa que circulan os vehículos pola Estrada dos Fortes, é un cruce perigoso para os vehículos, e tamén, e secadra máis importante, para os peóns que cruzan polos pasos desta estrada.

A proposta é a execución dunha rotonda nese cruce, que permitiría resolver adecuadamente os problemas descritos:

- Mellora na fluidez do tráfico a través da circulación xiratoria da rotonda.

- Reducción da velocidade na Estrada dos Fortes ao terén que diminuir a súa marcha para se incorporaren á rotonda.

- Incremento na seguridade nos pasos de peóns ao reducirse a velocidade de circulación e a colocación de elementos encauzadores do tráfico.