Na Coruña Contas

Volver

Adiantar beirarrúas nos pasos de peóns de Alc. Suárez Ferrín

Ismael Caamaño Ismael Caamaño  •  13/05/2018  •  Distrito 2  • 

Exemplos de invisibilidade nos pasos de peóns
Exemplos de invisibilidade nos pasos de peóns

Código proposta de investimento: 1480

A rúa Alc. Suárez Ferrín, que circunvala a Praza Elíptica, conta con numerosos pasos de peóns (8), que son atravesados diariamente por centos de persoas, na maioría nenos e anciáns que acoden ao parque infantil, a pasear, ao Centro Cívico...

A problemática radica en que os vehículos que os vehículos estacionados impiden a visión aos coches que circulan e non deixan velas persoas que van a cruzar, polo que se dan situacións de perigo para os peóns. Na foto pódese ver que detrás de calquera coche podería haber un neno que vai cruzar e non sería visible ata estar enriba del.

A solución básase no adiantamento das beirarrúas, retrasando o estacionamento, de forma que se forme unha cuña de visibilidade que facilite a percepción recíproca vehículo-peón.

Sería necesario tamén no final de Manuel Azaña (onde se atopa a farmacia, óptica, parada de taxis) outros 4 pasos.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos