Na Coruña Contas

Volver

Rotonda no cruce da Estrada dos Fortes coa Rúa Castelao

Ismael Caamaño Ismael Caamaño  •  13/05/2018  •  Distrito 2  • 

Vista do cruce
Vista do cruce

Código proposta de investimento: 1449

Neste cruce existe un grave problema de fluidez no tráfico, sobre todo para os vehículos que saen da rúa Castelao ou que pretenden acceder a ela (incluido o bus que ten a parada alí).

Igualmente derivado da elevada velocidade coa que circulan os vehículos pola Estrada dos Fortes, é un cruce perigoso para os vehículos, e tamén, e secadra máis importante, para os peóns que cruzan polos pasos desta estrada.

A proposta é a execución dunha rotonda nese cruce, que permitiría resolver adecuadamente os problemas descritos:

- Mellora na fluidez do tráfico a través da circulación xiratoria da rotonda.

- Reducción da velocidade na Estrada dos Fortes ao terén que diminuir a súa marcha para se incorporaren á rotonda.

- Incremento na seguridade nos pasos de peóns ao reducirse a velocidade de circulación e a colocación de elementos encauzadores do tráfico.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos