Na Coruña Contas

Volver

CREAR UN PARQUE NA ZONA DE PENAMOA

jesuscalvo jesuscalvo  •  14/05/2018  •  Distrito 2  • 

Código proposta de investimento: 1519

Crear un parque na zona de Penamoa con xogos, merendeiro e bancos para disfrutar das vistas.

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: " Non é viable a realización do proxecto nos espazos de titularidade municipal existentes. Este ámbito está pendente de desenvolvemento dun plan parcial, proxecto de urbanización e proxecto de compensación, todos eles de iniciativa particular. A aprobación dun plan especial de dotacións non é posible ate que a Xunta non aprobe os ACRs da refinaría (Análise Cuantitativo de Riscos). A maiores está na zona de intervención da refinaría de petróleos, que segundo o artigo 4.7.2. das NN.UU. do plan, non admiten implantacións residenciais de ningún tipo (nin vivenda nin dotacional), prohibindo expresamente os centros comerciais ou equipamentos que supoñan grandes concentracións de persoas. Así mesmo, de acordo co informe da Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (CMAOT), previo á aprobación definitiva do PXOM, non é posible que espazos libres previstos polo plan estremeiros coa refinaría podían ser computados aos efectos do cumprimento dos estándares dotacionais esixíbeis, xa que pola súa ubicación non se consideraban axeitados. Non é viable realizar un novo parque público no lugar sinalado" Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • pcp1985

    Este lugar el antiguo asentamiento de Penamoa para los vecinos del lugar es , después de más de veinte años viviendo con la lacra de la droga , un lugar ideal para hacer senderismo.De hecho ya lo está siendo para los vecinos del Ventorrillo y parte de ronda de Outéiro, por ello solicitamos bancos ,árboles alguna mesa si puede ser . Hace unos cincuenta años más o menos Penamoa era un lugar donde se juntaban las familias para poder comer al aire libre .Lo que menos desearía ningun vecino es tener motos o bicicletas haciendo piruetas. Ya es hora que este lugar pueda ver visitado por todo aquel que quiera escapar un `poco del ruido de la ciudad.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos