Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
bicicoruña_parques.jpg

BICICORUÑA NOS PARQUES MUNICIPAIS

11/05/2018  •  olgasotillo  •  Toda a cidade

Creación de sinerxias entre os servizos municipais de Bicicoruña e os parques e xardíns da cidade que aínda non as teñan.

Aumentando a visibilidade dos mesmos e a afluencia de xente moza a eles.

ColmenasUrbanas_2_550.jpg

A CORUÑA, CIDADE COLMEA

14/05/2018  •  luis2castros  •  Toda a cidade

Co fin de favororecer a polinización da flora da cidade, implantación dun proxecto piloto de instalación de colmeas nas cubertas accesibles dos edificios municipais.

Ademáis facilitaríanse ás comunidades de veciñas ou outros organismos públicos que o facilitasen.

No seguinte link coméntase a exitosa experiencia noutras cidades.

http://www.bbc.com/mundo/ciencia_tecnologia/2010/08/100814_paris_abejas_colmenas_urbanas_lh

Mascotas

Veterinario Público/Semipúblico para urgencias

14/05/2018  •  A  •  Toda a cidade

Cada día hay más gente con mascotas, y algunas de ellas no pueden recibir el tratamiento necesario por problemas económicos. 

Sugiero crear esto como ayuda y como inversión, ya que también podría generar dinero.

Rede de colectores recollida tapóns

19/04/2018  •  anxo_gz  •  Toda a cidade

A instalación dunha rede de colectores para a recollida de tapóns solidarios, que os ingresos da entrega de eses tapóns a xestionase unha fundación pública como a de Emalcsa ou ben algunha Ong, para axudar a causas solidarias que o soliciten.

“Escola muncipal de actividades náuticas”

19/04/2018  •  psexto  •  Toda a cidade

Na zona da praia de Oza e  acarón da antigo Astileiros Valiña recuperando e pondo en valor esa instalación, pódese habilitar unha “Escola muncipal de actividades náuticas” para que todos, nenos e maiores, coñezan e  practiquen deportes náuticos  que temos nesta cidade. Este tipo de actuacións permite recuperar o patrimonio natural , investir en educación e dar traballo, dende a asociación veciñal entendemos que estas son as actuacións que se precisan nesta época de crise e non dilapidar os cartos desfacendo o que outros teñen feito.

Eliminar un carril no Paseo Marítimo

12/05/2018  •  slamelov  •  Toda a cidade

No tramo que vai desde Abente y Lago ata Fonte dos Surfistas, eliminar un carril para coches, posto que é innecesario ter dobre carril para o tráfico que ten esa zona, e ademáis desincentivaría o seu uso e tamén o exceso de velocidade frecuente nesa zona, que actualmente é unha autoestrada urbana. O carril recuperado para as persoas permitiría ter novos espazos para camiñar, actividades deportivas, mobiliario urbano, plantas, árbores, etc.

Cubrir vias do tranvia

23/04/2018  •  lsfernandez  •  Toda a cidade

Cubrir as vias do tranvía do paseo maritimo con asfalto ou un material similar

PUMPTRACK

Pista de PUMP TRACK

10/05/2018  •  Rvmiguel  •  Toda a cidade

Propoño a construcción dunha pista de PUMP TRACK, trátase dun percorrido con pequenos montículos, peraltes e saltos, nun trazado 100% rodable e seguro.

Está pensado para ciclitas de tódolos niveis, desde pequenos que disfrutan subindo e baixando os montículos, ata ciclistas experimentados que queren mellorar técnica e físicamente. Poden empregalo bicicletaspatínsmonopatíns e patinetes scooter.

So se precisa un espacio chan duns 1000 metros cadrados, integrado preto dun parque ou do carril bici

Debe estar construido por unha empresa especializada con experiencia nestes circuitos.

Exemplos

  • Comunidade de Madrid https://www.youtube.com/watch?v=ReQdAijknN0
  • Cataluña https://www.youtube.com/watch?v=TehH0kE-UdQ
  • Presupostos Participativos Concello de Madrid: https://www.youtube.com/watch?v=4CjRBDdYbQk
  • https://vimeo.com/240166280
  • https://www.youtube.com/watch?v=wL_5nc_jzwQ&t=1s 

ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO E DANZA

10/05/2018  •  lrf  •  Toda a cidade

Creación dunha escola municipal de teatro e danza na cidade.

Podería empregarse o espazo dipoñible no Pazo da Ópera ou no Teatro Colón.

Mellora do pavimento das rúas principais da cidade

12/05/2018  •  juancarcia  •  Toda a cidade

Ano tras ano, A Coruña é a cidade galega co pavimento das rúas e avenidas principais en peor estado. En todos os barrios existen multitude de exemplos disto e aínd a que se fai un mantemento puntual este é mínimo e defectuoso. En moitos casos non é suficiente renovar a capa de rodadura do aglomerado o parchear o formigón da rúa, hai que fresar e renovar o firme completo, porque o problema non é superficial. Algúns exemplos son: a Avenida de Oza, Avenida de Glasgow, rúa Ramón y Cajal, varios tramos da Rolda de Outeiro, varias rúas do barrio de Matogrande, etc.