Na Coruña Contas

Volver

“Escola muncipal de actividades náuticas”

psexto psexto  •  19/04/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 758

Na zona da praia de Oza e  acarón da antigo Astileiros Valiña recuperando e pondo en valor esa instalación, pódese habilitar unha “Escola muncipal de actividades náuticas” para que todos, nenos e maiores, coñezan e  practiquen deportes náuticos  que temos nesta cidade. Este tipo de actuacións permite recuperar o patrimonio natural , investir en educación e dar traballo, dende a asociación veciñal entendemos que estas son as actuacións que se precisan nesta época de crise e non dilapidar os cartos desfacendo o que outros teñen feito.

Localización: Existe unha concesión de Demarcación de Costas de Galicia ao Concello da Coruña por catro anos

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos