Na Coruña Contas

Volver

Mellora do pavimento das rúas principais da cidade

juancarcia juancarcia  •  12/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 1377

Ano tras ano, A Coruña é a cidade galega co pavimento das rúas e avenidas principais en peor estado. En todos os barrios existen multitude de exemplos disto e aínd a que se fai un mantemento puntual este é mínimo e defectuoso. En moitos casos non é suficiente renovar a capa de rodadura do aglomerado o parchear o formigón da rúa, hai que fresar e renovar o firme completo, porque o problema non é superficial. Algúns exemplos son: a Avenida de Oza, Avenida de Glasgow, rúa Ramón y Cajal, varios tramos da Rolda de Outeiro, varias rúas do barrio de Matogrande, etc.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos