Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Creación de más zonas peatonales

12/05/2018  •  elerei  •  Toda a cidade

La ciudad está invadida por los coches, doble fila, coches aparcados en pasos de peatones y aceras estrechas por donde hay que ir practicamente en fila. Deberían peatonalizarse mas zonas o suprimir carriles y plazas de aparcamiento para ensanchar aceras. Más espacio para los peatones y mejora del transporte público. 

Sancións a quen reproduza música en lugares públicos a altos volumes

20/04/2018  •  Viciño  •  Toda a cidade

Vixiancia e sancións a quen reproduza música a altos volumes en lugares públicos como parques e xardíns, independentemente da hora do día, mediante reproductores portátiles, alterando a convivencia, impoñendo os seus gustos musicais aos demáis, alterando o dereito o descanso é afectando á saúde do resto dos cidadáns. 

Apertura vial municipal de la Calle Javier López López

08/05/2018  •  dverdini  •  Toda a cidade

La A. VV. Castrillón-Urbanización Soto "IAR" propone la apertura del vial contiguo al Parque de Eirís de la Calle Javier López López de competencia municipal, desde la Avda. Casanova de Eirís hasta la Avda. del Pasaje, dado que se espera que en este año quede aprobado el Proyecto de Urbanización del API R29 con lo que esta iniciativa se podría complementar con la apertura del otro vial de la calle a cargo de los propietarios del suelo de la Junta de Compensación del polígono, tal y como marca la legislación vigente.

La apertura total de la Calle Javier López supondría una nueva via de entrada y salida de la ciudad de todos los barrio de la zona: Castrillón-Urbanización Soto, Eirís, Matogrande, Barrio de las Flores y Monelos.

Arcados do andén de  Riazor, actualmente sen uso

DOTAR DE USO OS ARCADOS DE RIAZOR

03/05/2018  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Actualmente os arcados de riazor atópanse baleiros e sen uso, dando unha imaxe lamentable. Proponse a súa adecuación ben para fins municipais (centro cívico), ben para outros usos sociais como locais pop-up para emprendedores.

Pasarela peonil/bici unindo ambos extremos

CREACIÓN DUNHA PASARELA PEONIL ENTRE A ZONA DAS XUBIAS E SANTA CRISTINA

03/05/2018  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

A proposta de intervención aproveita o feito de que un extremo da praia de Santa Cristina é do Concello da Coruña.

A creación dun paso de baixo impacto visual entre as duas beiras da ría permitiría unha comunicación moi útil entre os veciños de ambas beiras, facilitando a chegada ós hospitais, así como ás praias do concello limítrofe.

Podería reducir sustancialmente o uso de transporte privado nos accesos á cidade, facilitando as comunicacións, e incluso un hipotético enlace co transporte público na zona dos hospitais.

Captura_de_pantalla_2.jpg

PARADAS BICICORUÑA NA CONTORNA DOS MALLOS

09/05/2018  •  lrf  •  Toda a cidade

Propónse a instalación de paradas de Bicicoruña nos principais puntos de afluencia do barrio dos Mallos:

1. Mercado Ramón Cabanillas

2. Centro Cívico e Ximnasio Sardiñeira

3. Parque Santa Margarita, entrada pola Ronda de Nelle

4. Rúa Ángel Senra

Regulamento do tempo máximo de estacionamiento dos vehículos na rúa

12/05/2018  •  Viciño  •  Toda a cidade

Por toda a cidade existen vehículos que botan aparcados meses e mesmo anos no mesmo sitio. Podería desenvolverse un regulamento que limite o tempo de estacionamento máximo dos vehículos, acompañado dunha app que permita a calquera veciño denunciar o incumprimento para que o propietario o retire ou sexa sancionado. Se o vehículo non pode moverse por si mesmo (un abandono de facto) pode ser retirado polo guindastre municipal. 

suelo.jpg

Tarima ou cha para bailar ou para facer actividades físicas

14/05/2018  •  lameduse  •  Toda a cidade

Moitas persoas bailamos  nesta cidade e as veces é dificil atopar un espazo público onde facelo de forma segura. Propoño a colocación dunha tarima ou un chan amplo para bailar ou para facer actividades físicas. Un chan que coide a saude dos nosos corpos danzarines.

Poderíase colocar nalgún espacio municipal como o Ágora ou nalgún espacio exterior como na explanada  da pérgola das Lagoas, onde está a cúpula, ou na explanada do Parrote. O ideal sería que a tarima estivera nun espacio no que todas as persoas podan utilizalo de forma libre sen ter que pedir permiso para o seu uso.

http://euro.harlequinfloors.com/es/tarimas-de-danza/

Arte na Rúa

Arte na Rúa

02/05/2018  •  o-fox  •  Toda a cidade

Poñer en algunhas prazas ou paseos peonils unhas marquesinas onde os artistas locais poidan expoñer as súas obras. Adxunto imaxe de exemplo.

Anima ó desenrolo artístico local e motiva á mocidade. Acerca o arte a poboación. É de custe mínimo e mantenemento escaso. Pintura e fotografía.

Edificio da Cafetería Manhatan

REORDENACIÓN DA CIRCULACIÓN DA PRAZA PONTEVEDRA NO MANHATAN

03/05/2018  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Eliminación ou traslado dos locais do edificio Manhatan na Praza de Pontevedra, en aplicación da segunda fase do proxecto de rehabilitación da Praza, a fin de facilitar o seu uso como futuro intercambiador de transporte público. A intervención implicaria a creación dunha rotonda na actual ubicación do Manhatan e a reordenación do tráfico.