Na Coruña Contas

Volver

CREACIÓN DUNHA PASARELA PEONIL ENTRE A ZONA DAS XUBIAS E SANTA CRISTINA

A. Martínez A. Martínez  •  03/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Pasarela peonil/bici unindo ambos extremos
Pasarela peonil/bici unindo ambos extremos

Código proposta de investimento: 1044

A proposta de intervención aproveita o feito de que un extremo da praia de Santa Cristina é do Concello da Coruña.

A creación dun paso de baixo impacto visual entre as duas beiras da ría permitiría unha comunicación moi útil entre os veciños de ambas beiras, facilitando a chegada ós hospitais, así como ás praias do concello limítrofe.

Podería reducir sustancialmente o uso de transporte privado nos accesos á cidade, facilitando as comunicacións, e incluso un hipotético enlace co transporte público na zona dos hospitais.

Informe de inviabilidade

Grazas pola túa proposta pero temos que etiquetala como inviable pois afecta a dominio público marítimo terrestre, polo tanto é de titularidade estatal e non municipal.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos