Código proposta de investimento: 1245
Propónse a instalación de paradas de Bicicoruña nos principais puntos de afluencia do barrio dos Mallos:
1. Mercado Ramón Cabanillas
2. Centro Cívico e Ximnasio Sardiñeira
3. Parque Santa Margarita, entrada pola Ronda de Nelle
4. Rúa Ángel Senra
A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.