Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
Arcados do andén de  Riazor, actualmente sen uso

DOTAR DE USO OS ARCADOS DE RIAZOR

03/05/2018  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Actualmente os arcados de riazor atópanse baleiros e sen uso, dando unha imaxe lamentable. Proponse a súa adecuación ben para fins municipais (centro cívico), ben para outros usos sociais como locais pop-up para emprendedores.

Figura do salón do comic (Corto Maltes)

CREACION DUN MUSEO DO COMIC / BANDA DESEÑADA

03/05/2018  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

A nosa cidade ten unha gran canteira de profesionais da ilustración, e tódolos anos convértese na sede do célebre "Viñetas dende o Atlántico", unha xoia de salón do comic.

Proponse a creación dun museo do comic e banda deseñada, que non so recorde este vínculo de unión da creatividade coa mesma, senon que ademais sirva de empurre e apoio aos profesionais galegos e nacionais neste sector, permitindo dar a coñecer as súas obras mais aló das librarías e bibliotecas municipais. 

 

Interior da DOMUS

MELLORA MUSEALIZACIÓN DOMUS

03/05/2018  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Algúns dos módulos deste museo científico da cidade continúan invariables dende a súa inauguración e nun estado de deterioro evidente. Proponse a renovación de parte dos mesmos para a posta en valor do museo, nunha rede de museos municipais que supuxo un referente a nivel estatal.

Tamén considero interesante o cambio de Casa do home a Casa da humanidade (mantendo o termo DOMUS)

Pasos de peatones elevados en todos los accesos a los colegios

10/05/2018  •  tuzaro  •  Toda a cidade

Debido a que poca gente respeta los pasos de peatones y que parece que a la entrada y salida de clases casi todos los conductores van con prisa, vendría bien poner pasos de peatones elevados sobre todo en los pasos de acceso a los colegios de la ciudad,  donde a diario hay sustos y algún atropello debido tanto a los despistes de los conductores como en algún caso de los peatones, crios corriendo, etc... Habiéndo pasos elevados hay que reducir la marcha de los vehículos con lo que el peligro de atropello sería mucho menor. También sería bueno, sobre todo para el invierno que todavia es noche, que se les pusiera algún tipo de luz como por ejemplo el que hay en las pajaritas

Verdificación os entornos escolares

23/04/2018  •  markys  •  Toda a cidade

Os entornos escolares poden ser mellorados se rducimos o formigon e o recubrimos ou adecentamos con elementos naturais.

Pacificación dos entornos escolares

23/04/2018  •  markys  •  Toda a cidade

Os entornos escolares poden ser mellorados se rducimos a velocidade e o espacio adicado os coches.

Autopromoción

06/05/2018  •  tovarichoscar  •  Toda a cidade

Campaña de autopromoción da cidade de A Coruña baixo o eslogan :  " Una ciudad que se sale" , " Saese " . Co obxetivo de reflexar o caracter extraordinario da cidade e os seus cidadans.

Creación de más zonas peatonales

12/05/2018  •  elerei  •  Toda a cidade

La ciudad está invadida por los coches, doble fila, coches aparcados en pasos de peatones y aceras estrechas por donde hay que ir practicamente en fila. Deberían peatonalizarse mas zonas o suprimir carriles y plazas de aparcamiento para ensanchar aceras. Más espacio para los peatones y mejora del transporte público. 

Tranvías e tren de cercanías

14/05/2018  •  Daniel Saavedra  •  Toda a cidade

Creación dunha rede de tranvías e trens de cercanías para aumentar os servizos de transporte público da cidade.

Para iso, poderíanse aproveitar as vías do antigo tranvía, así como as vias de tren en desuso existentes entre a estación de tren, o porto, Agrela, etc.; construíndo novas vías para completar unha rede de transporte que chegue a toda a cidade, e que tamén sirva para a comunicación cos concellos da comarca.

Suíza, un bo exemplo: parque frente o museo de historia natural de Xenebra

Renaturalización

01/05/2018  •  Victor  •  Toda a cidade

Ante o predominio da monotonía e limitacións derivadas duns anticuados deseño e planificación paisaxística, surxe a necesidade da posta en valor e renaturalización da cidade e especialmente dos parques. Para levalo a cabo sería imprescindible a reintroducción de polinizadores entre outros seres vivos. Polo que se considera oportuno apostar por un aumento da biodiversidade da flora con espazos mono e multiflorais, especialmente optar por zonas de pradeiras autóctonas e, por outra banda, colocar elementos tales como troncos de árbores mortas e outras pezas de madeira, hoteis de insectos, simulación de valados tradicionais e sebes, etc. Ademais isto pódese complementar con paneis educativos que enfaticen estas actuacións e expliquen a súa importancia. 

Noutros países xa se están en marcha propostas similares, a que esperar?