Na Coruña Contas

Volver

Renaturalización

Victor Victor  •  01/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Suíza, un bo exemplo: parque frente o museo de historia natural de Xenebra
Suíza, un bo exemplo: parque frente o museo de historia natural de Xenebra

Código proposta de investimento: 1001

Ante o predominio da monotonía e limitacións derivadas duns anticuados deseño e planificación paisaxística, surxe a necesidade da posta en valor e renaturalización da cidade e especialmente dos parques. Para levalo a cabo sería imprescindible a reintroducción de polinizadores entre outros seres vivos. Polo que se considera oportuno apostar por un aumento da biodiversidade da flora con espazos mono e multiflorais, especialmente optar por zonas de pradeiras autóctonas e, por outra banda, colocar elementos tales como troncos de árbores mortas e outras pezas de madeira, hoteis de insectos, simulación de valados tradicionais e sebes, etc. Ademais isto pódese complementar con paneis educativos que enfaticen estas actuacións e expliquen a súa importancia. 

Noutros países xa se están en marcha propostas similares, a que esperar?

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos