Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Carril Bici Rosales

20/04/2018  •  125  •  Toda a cidade

Propoño que se faga un carril bici que una a base de bicicoruña dos Rosales co carril bici xa existente no Paseo Marítimo: ou ben pola Travesía Rosales ou pola senda peonil que baixa dende a guardería ata o Paseo. Penso que non é moita distancia e que pode ser barata a súa execución.

250.000 €

Mellora carril bici entre a fonte dos surfistas e o aquarium.

14/05/2018  •  choiva  •  Toda a cidade

É unha mágoa que un paseo marítimo tan bonito e longo como o noso teña nesta zona carencia de carril bici, ademais as bicicletas que van por aquí teñen que esquivar marquesinas e bancos... convertindo a situación en perigosa tanto para os que pasan andando ou na bicicleta.

 

250.000 €

rampa

18/04/2018  •  lolitabf  •  Toda a cidade

colocar rampa ou outra forma de facilitar o acceso que existe entre os colexios de ramon da sagra e maria pita, xa que e a via mais utilizada dos veciños, sendo imposible baixar con carritos de bebes ect...resultando anha volta tremenda se escolles outro camiño. Gracias.

361.790 €
IMG_0573.JPG

Pasos de peóns antideslizantes

07/05/2018  •  lorelist  •  Toda a cidade

Modificar a sinalización horizontal, especialmente os pasos de peóns con pintura antideslizante para evitar caídas, sobre todo os días de chuvia.

En cidades similares á Coruña como Xixón xa os teñen (adxunto foto)

250.000 €