Na Coruña Contas

Volver

rampa

lolitabf lolitabf  •  18/04/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 724

colocar rampa ou outra forma de facilitar o acceso que existe entre os colexios de ramon da sagra e maria pita, xa que e a via mais utilizada dos veciños, sendo imposible baixar con carritos de bebes ect...resultando anha volta tremenda se escolles outro camiño. Gracias.

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "O desenvolvemento e mellora da accesibilidade dos itinerarios peonís para persoas de mobilidade reducida e para peóns con carriños ou cadeiras de bebe é unha máxima sempre presente na evolución das rúas, sobre todo en núcleos residenciais ou zonas escolares, centros médicos…etc. A solicitude cidadá da mellora e desenvolvemento dun itinerario accesible entre as rúas Rua Clara Campoamor e a Rolda Camilo Jose Cela, entre os centros educativos CEIP Ramon da Sagra e CEIP Maria Pita é real e necesaria dado que na actualidade, a comunicación entre as dúas citadas rúas realízase a través dunha escalinata con descansillos que salva un desnivel de 5.20 metros. O estudo realizado sobre a citada vía expón a posible solución de retirar e demoler as escaleiras existentes e urbanizar todo o ámbito no que se sitúa a escalinata. Co fin de crear un itinerario accesible combinado de ramplas e escaleiras é necesario a execución e reforzo de muros de peche perimetrais dos CEIP Ramon da Sagra e Maria Pita, mediante a execución de muros de contención de formigón armado dunha altura decreciente segundo a orografía e xeometría da rúa. A xeometría da rúa é rectilínea, con 5.77 m de ancho delimitada polos peches de fabrica de bloque de ambos os CEIP. A lonxitude total da vía é de 75 m e un desnivel máximo de 5.20 m de altura. O CEIP Ramon da Sagra posúe un acceso peonil no inicio da vía (Intersección coa Rua Clara Campoamor). A reurbanización da vía consistiría na demolición total dos pavimentos existentes, e recheo en forma de rampla con material de préstamo, delimitado por uns muros de contención de nova execución para reforzo dos muros de peche existentes. Co fin de salvar o desnivel entre as dúas rúas que franquean a vía en sentido lonxitudinal, executaranse unhas ramplas e escaleiras combinadas con zonas de descanso intermedio e pequeno axardinamento. A pendente máxima das ramplas nunca superará o 10% e un desenvolvemento máximo de rampla nunca superior a 10 m de lonxitude. O desenvolvemento total da nova actuación incluídos os descansos intermedios é de 65 m lineais, polo que a urbanización de toda a vía é completa (adecuación de entroncamentos). As infraestruturas de iluminación renovásense completamente, cunha nova rede de iluminación. Así mesmo crearase unha rede de pluviais e unha rede de drenaxe para a posible xardinería a implantar. Dado que unha actuación tan profunda é tecnicamente complexa, dada a necesidade de executar muros de contención para protexer os muros de peche existentes na zona, é necesario elevar a proposta de distrito a proposta de cidade polo custo da actuación. A valoración dos traballos de demolición da vía, execución de muros de contención, novas redes de pluviais/ drenaxe e rede de iluminación e todos os traballos de reurbanización para a creación de itinerarios accesibles, instalación de varandas e adecuación paisaxista é de 361.790,00 IVE incluído. Por iso, a proposta de creación dunha rampla ou un itinerario accesible para salvar a escalinata situada entre as rúas Rua Clara Campoamor e a Rolda Camilo Jose Cela é Viable como proposta de cidade." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos