Na Coruña Contas

Volver

Carril Bici Rosales

125 125  •  20/04/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 807

Propoño que se faga un carril bici que una a base de bicicoruña dos Rosales co carril bici xa existente no Paseo Marítimo: ou ben pola Travesía Rosales ou pola senda peonil que baixa dende a guardería ata o Paseo. Penso que non é moita distancia e que pode ser barata a súa execución.

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "Proponse a creación dun carril bici exento dos carrís vehiculares tradicionais e anexo pero separado das sendas de peóns existentes. A finalidade desta nova infraestrutura é a creación dunhas sendas ou itinerarios seguros para os ciclistas entre zonas residenciais ou núcleos dormitorios da cidade con núcleos de servizos (hospitais. colexios…) ou centros industriais ou loxísticos con grandes desprazamentos de persoal en horario laboral e precariedade de estacionamento de vehículos. A implantación e trazado do carril bici discorrería desde a rotonda situada na avenida Gerardo Porto (paseo marítimo/ Millenium), ata o barrio Pescadores. Todo o desenvolvemento do carril bici discorre pola Rolda de Outeiro, conectando o carril bici do paseo marítimo, o barrio dos Rosales, o centro de Educacion a Distancia UNED, IES Rafael Dieste, fundación Pai Rubinos, Parque de San Pedro de Visma e campos de Fútbol, pasando a través da Rotonda do Pavo Real e subindo pola Rolda de Outeiro ata o barrio Pescadores onde se sitúan os centros de educación IES Agra do Orzan e o Complexo Deportivo Agra 1 e centro Ágora. O trazado escollido xustifícase co posible desenvolvemento de vías ciclistas alternativas de pendente reducida como poden ser a rúa Jaime Hervada que conecta co centro de saúde do Ventorrillo e conexión co Polígono industrial da Grela. Outras posibles conexións poderíanse facer pola Rúa Manuel Murguía comunicando a Ronda de Nelle, Estadio Municipal de Riazor…etc. O desenvolvemento da vía ciclista realízase na marxe dereita da Rolda de Outeiro en dirección Estación de Tren, eliminando ou desprazando a liña de aparcadoiro en cordón existente na devandita marxe, liquidando os problemas de circulación nos carrís principais por dobre fila e manobras de aparcadoiro. A sección de firme proposto para o carril bici, estará composta por unha vía de 3 metros de ancho e delimitada por bolardos e separadores de carril en toda a súa lonxitude. O devandito carril bici será un vía de dobre sentido. Crearase unha nova rede de pluviais mediante sumidoiros en todo o carril bici. Nas zonas xa urbanizadas realizarase unha reparación e/ou reposición do firme existente, priorizando o uso do firme existente sen crear novas áreas de pavimentación. Nas zonas que requiran unha adecuación maior pola interferencia con zonas peonís de beirarrúa, realizarase unha demolición da zona afectada, reposición de bordos en beirarrúas e execución dun novo firme de iguais características que a área precedente. Realizarase un novo trazado en cruces e glorietas exentas á circulación de vehículos a motor. Realizarase unha nova sinalización horizontal e balizamento mediante bolardos reflectores flexibles que diferencien a vía da calzada vehicular, así mesmo instalarase nova sinalización vertical para pasos peonís e carril bici, incluíndo un reforzo e nova dotación para a actualización de instalacións semafóricas segundo a nova implantación. A valoración para a creación de 1118 ml de carril bici desde o monumento Milleniun situado en Avenida Gerardo Porto ata o barrio Pescadores é de 250.000,00€ IVE incluído." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos