A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2018

Pasos de peóns antideslizantes

lorelist lorelist  •  07/05/2018  •  Toda a cidade  •    5 comentarios

IMG_0573.JPG
IMG_0573.JPG

Código proposta de gasto: 1121

Modificar a sinalización horizontal, especialmente os pasos de peóns con pintura antideslizante para evitar caídas, sobre todo os días de chuvia.

En cidades similares á Coruña como Xixón xa os teñen (adxunto foto)

Localización: Toda a cidade

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "A renovación ou adecuación dos pasos peonís existentes por unha nova sinalización horizontal mediante unha pintura con relevo que aumente a textura e adherencia superficial da mesma fronte ao tránsito de peóns e mesmo de vehículos (sobre todo vehículos de dúas rodas) pode considerarse a priori unha gran solución como adoptaron outras áreas metropolitanas no pasado. Nun estudo máis detallado da normativa vixente non se observan inconvenientes normativos ou regulamentarios para a aplicación desta solución. A implantación técnica e posta en obra, sobre todo nunha análise de durabilidad e mantemento expón serios inconvenientes como son: • Exceso de adherencia e resaltos: A aplicación dunha pintura con relevo e textura implica a creación dun resalto ou cella dunha altura variable de 3/6mm en toda a sección, dificultando o tránsito de persoas de mobilidade reducida (tropezos por arrastre de pé en acoden maiores, dificultade para desprazamentos con andadores…) como así mesmo a incomodidade para o tránsito de cadeiras de rodas ou carriños de bebes. • Durabilidad e resistencia: A capa de pintura bicompoñente a aplicar é de espesor variable de entre 3 e 6 mm. A capacidade portante e a flexibilidade dunha capa tan grosa de pintura sobre un firme do tipo MBC ou Formigón que está suxeito a dilatacións térmicase pode producir fisuración e peladuras na propia pintura. A capacidade portante e erosión fronte ao paso de vehículos da pintura cuns espesores tan elevados non garante a súa duración a curto e medio prazo. • Repintado e mantemento: Os traballos de mantemento e repintado unha vez esgotada a vida útil do material non é posible realizalos de maneira ordinaria cun simple repintado. O repintado dos pasos peonís existentes con textura implica o fresado superficial e eliminación da pintura existente, xustificado porque non é posible pintar e aplicar unha nova textura sobre un paso texturado antigo (O repintado supoñería un aumento de espesor de 8/12mm se non se elimina a capa anterior). Tal e como indica a proposta cidadá, concellos que historicamente implantaron esta iniciativa están a eliminar paulatinamente este sistema. Na actualidade xa se están realizando campañas e traballos de mantemento mediante a aplicación e repintado dos pasos peonís existentes con pintura de dous compoñentes e dotación de 3000 gr/ m2 e micro esferas de vidro reflector con dotación de 600 gr/ m2. Os pasos peonís semaforizados están a executarse cunha sección tipo de tacos delimitadores, polo que a área peonil non esta afectada por pintura, eliminando calquera posibilidade de resbalones e caídas. Dentro da campaña Paso a Paso se estan desenvolvendo renovación de firme e pintura en toda a cidade mediante o fresado da pintura e firme existente e estendido dunha nova capa de MBC. Con esta medida se esta aumentando a visibilidade dos pasos en calzadas de hormigon, e eliminando todos os defectos superficiais que puidesen presentar os pasos de peóns ao realizarse a nova pavimentación cun firme continuo tipo MBC. A valoración de renovación dun paso de peóns mediante fresado e reposición do mesmo, incluída a pintura do mesmo é de 3.618,75€ IVE incluído por unidade de paso de peón. Por iso, e segundo a análise realizada, e tendo en conta os condicionantes futuros é necesario clasificar a proposta de “pasos de peóns antiescorregadizos” Non Viable coa solución proposta, pero, continuando coa campaña Paso a Paso para a renovación de firmes en zonas peonís, poderíanse executar en toda a cidade un total de 69 pasos peonís cun investimento de 250.000,00 € IVE incluído, converténdose así esta proposta xenérica en Viable." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.