Na Coruña Contas

Volver

Orzamentos participativos

Espacio multifuncional no Mercado de San Agustín

17/05/2017  •  abarran  •  Distrito 10

A Asociación de Vendedores do Mercado de San Agustín, propón a creación dun espazo multifuncional dentro do mercado. Este espazo multifuncional para os veciños e veciñas da cidade inclúe o equipamento dunha cociña, mesas e cadeiras. Tentando conseguir deste xeito que o mercado se converta nun espazo social.

 

 

Este é un espazo onde se favorezan as relacións interpersoais entre os veciños e veciñas, así como o ensino e o aprendizaxe, para poder desfrutar dun día de mercado ou mesmo descansar ou ler o xornal mentres se fai vida dentro do mesmo. Situar a cociña nun punto específico do Mercado, suporía fixar así mesmo, onde se fan os talleres, charlas ou demostracións dos produtos que alí se venden ou que queiran ser presentados a cidadanía, poñendo en Valor O Noso.

 

 

102.876 €

Máis árbores na contorna da Praia das Lapas

26/04/2017  •  slamelov  •  Distrito 10

A contorna da Praia das Lapas é unha zona de gran valor ecolóxico que necesita protección e melloras. Unha mellora é a de plantar máis árbores e recuperar as que morreron por diversas causas (con especies axeitadas ao lugar). A zona de plantación sería que que vai da Praia ata a rampla que sube á Torre de Hércules, incluíndo a zona que vai desde a rotonda de Breogán ata a "Guitarra", con especial coidado na zona do merendeiro das Lapas.

A maiores da plantación de árbores é necesaria unha limpeza e mellora da canalización do regato.

10.500 €

PLANTACIÓN DE ARBORADO NA RÚA REGO DE AUGA

20/05/2017  •  lrf  •  Distrito 10

Plantación de arborado nesta rúa aproveitando o espazo liberado coa recente eliminación dos contedores de residuos.

7.500 €

Fonte no campo de Futbol do pavillón de Novo Mesoiro

04/05/2017  •  viladacosta  •  Distrito 4

Instalación dunha fonte de auga pública no entorno do campo de futbol anexo o pavellón polideportivo.

O campo de futbol, é das instalacións de lecer mais usadas no barrio. A miudo, xuntanse unha gran cantidade de nenos/as que precisan beber para poder gañar " o mundialito " ou "o rebumbio" que están a disputar. 

Faise moi necesaria a aportación de auga para tan  extremos deportistas.

2.100 €

Plantación duns 10 árbores nas beirarrúas de Alcalde Jaime Hervada

09/05/2017  •  A. Martínez  •  Distrito 9

Plantación duns 10 árbores nas partes máis amplas e baleiras das beirarrúas de Alcalde Jaime Hervada.

Actualmente estes espazos están baleiros e desanxelados, e permitirían aumentar o número de árbores da cidade cunha pequena inversión.

15.000 €

Aparcadoiros para bicicleta

27/04/2017  •  Jorge Martínez  •  Distrito 9

O título xa o di todo.

A cuestión é que a cidade está tomando unha direción clara que apunta a ampliar a utilización da bicicleta. Pero hai que ter en conta que vivimos nunha cidade, polo cal ou se deixa a bici fora, ou nun garaxe ou se suben as bicis ás vivendas. E non todas as vivendas teñen facilidade de acceso como para subir unha bici ata un terceiro.

É por iso que a proposta consiste en darlle un segundo uso aos aparcadoiros de bicicoruña, facéndoos máis grandes. Desta forma, cada un destes aparcadoiros tería unha maior extensión para poder gardar un número determinado de bicis persoais. Ademais, (aínda que a experiencia previa mostra que non é recomendable polo vandalismo), cada aparcadoiro podería ter ferramentas destinadas a manter en boas condicións as bicicletas. 

50.000 €