Na Coruña Contas

Volver

PLANTACIÓN DE ARBORADO NA RÚA REGO DE AUGA

lrf lrf  •  20/05/2017  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 611

Plantación de arborado nesta rúa aproveitando o espazo liberado coa recente eliminación dos contedores de residuos.

Localización: RÚA REGO DE AUGA

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada, en principio, VIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "O prezo unitario de plantación de arborado en pavimento é de 1500 euros a unidade. Nesta zona poderían plantarse un número reducido de árbores no espazo liberado pola eliminación de colectores. Non obstante, tendo en conta que a plantación de árbores na rúa Riego de Agua non está contemplada nos planos orientativos do PEPRI, debe ser autorizada polo organismo competente da Xunta de Galicia en materia de patriminio cultural. Así, advírtese que a súa viabilidade queda condicionada pola autorización definitiva desta actuación pola Xunta de Galicia, así como polo resto de condicionantes técnicos e de infraestruturas que poidan xurdir durante o desenvolvemento do proxecto". Agradecemos a túa participación nos orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos