Código proposta de investimento: 195
Instalación dunha fonte de auga pública no entorno do campo de futbol anexo o pavellón polideportivo.
O campo de futbol, é das instalacións de lecer mais usadas no barrio. A miudo, xuntanse unha gran cantidade de nenos/as que precisan beber para poder gañar " o mundialito " ou "o rebumbio" que están a disputar.
Faise moi necesaria a aportación de auga para tan extremos deportistas.
Localización: Pavellón plodeportivo Novo Mesoiro. Rúa Ancares S/N
Comunicámosche que a túa proposta é viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A instalación dunha fonte con bebedeiro no campo de fútbol do pavillón de Novo Mesoiro para os deportistas tería un custo de 2.100 € aproximadamente." Agradecemos a túa participación e esperamos contar de novo contigo nos Orzamentos Participativos do vindeiro ano.