Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Creación dun Museo de Historia Natural

20/05/2017  •  rabizas  •  Toda a cidade

Para completar a oferta de Museos científicos da cidade, propoño a creación dun Museo de Historia Natural. Pódese buscar a colaboración coa Sociedade Galega de Historia Natural para que cedan parte dos seus fondos e pezas que teñen en custodia e que se poidan expoñer de forma correcta.

Eliminación de contenedores de basura

26/04/2017  •  Oviedo  •  Toda a cidade

En vez de contenedores permanentes en las calles, se procedería a la recogida de la basura a partir de las 8, prohibiendo sacarla a la calle antes de esta hora. Los camiones de basura recojerían la basura por la noche, de manera que a la mañana siguiente, en las calles no quedaría nada. Cada portal dispondría de grandes cubos en los que se metería la basura y que durante el día permanecerían recogidos. A partir de la hora en que se pueden sacar la basura se pondrían en la calle, al lado del portal y se recogerían, una vez retirada la basura, antes de las 8 de la mañana.

Es el sistema seguido en Oviedo.

COLOCAR MARQUESINAS (PROTECCIÓN LLUVIA/VIENTO) EN CAMPOS FÚTBOL DE LA TORRE

21/05/2017  •  Sara_Martin_Sesma  •  Toda a cidade

¿Cuántas veces hemos sido espectadores de nuestr@s niñ@s en los campos de fútbol de La Torre y nos hemos vuelto con un catarro a casa? ¿Y cuántas veces abuel@s, herman@s, madres y padres con carritos de bebé se han perdido un partido importante (todos lo son) por las inclemencias del tiempo en Coruña? PROPONGO LA COLOCACIÓN DE MARQUESINAS O ELEMENTOS DE PROTECCIÓN EN LOS CAMPOS SUPERIORES DE LA TORRE PARA QUE NINGUNO DE NOSOTROS TENGA DUDAS A LA HORA DE IR A APOYAR EL ESFUERZO QUE HACEN NUESTR@S PEQUEÑ@S Y SUS EQUIPOS. Padres con el hermanito pequeño, o abuelit@s) en la zona techada de vestuarios, perdiéndose el partido porque era imposible estar a descubierto por viento o lluvia. Inversión crucial para el disfrute de TOD@S, duradera y que además no necesita mantenimiento si se realiza de forma profesional con estructuras resistentes.

Rehabilitación e acondicionamento da casa paredes na marina

08/05/2017  •  pelines  •  Toda a cidade

Conservación e limpeza desta xoia no mellor escaparate da cidade

 

Instalación de sinais luminosos nos pasos de peóns sen regulación semafórica

20/05/2017  •  luivar59  •  Toda a cidade

Solicítase a instalación de sinais luminosos naqueles pasos de peóns nos que haxa unha maior incidencia de atropelos, pois entendemos que moitos poderían evitarse cunha maior sinalización. Outra medida podería ser a instalación complementaria de bolardos que impedisen que os vehículos aparcasen nos arredores destes pasos de peóns, pois melloraría en grande medida a visibilidade.

Conxunto de actuaciós. Actualización de necesidades. Modificado*

06/05/2017  •  Martineteiro  •  Toda a cidade

-Soterramento de todo o cableado que pende das fachadas.

-Limpeza e iluminación daquelas zoas nas que se acomulan grafitis e lixo

-Relocalización* das cabinas telefónicas a edificios públicos, eliminándoas das rúas e facilitando o seu mantemento.

-Actualización de papeleiras, poñer máis, modelo único pra todos, máis consistente e con dispensador de bolsas.

-Actualización parques infantísmáis xogos e máis árbores(non na marina)

-Actualización e igualación de marquesinas, adaptándoas todas a carros e sillas de rodas, portos usb, e con opción a adquirir o billete/bono na parada (en efectivo como con tarxeta ou millenium)

 -Cambio de mapas/publicitarios, pór mapas interactivos máis cómodos, en disposición semi-horizontal, de menor impacto que mostren as actividades (tanto de iniciativa local como privada), que mostren zoas de interés, rutas e modo de chegar,  paradas de bus e tempo de espera.

Construcción de paseo marítimo sobre pilotes de madeira entre Oza e As Xubias

27/04/2017  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Este tipo de construcción permitiría prolongar o paseo do bordo litoral mais aló de Oza e achegaría o pobo mariñeiro de As Xubias á cidadanía (uns 450m de pasarela).

O paseo, de baixa afección constructiva, executaríase separado da liña de costa actual permitindo manter así o seu aspecto e configuracións actuais.

Este tipo de actuación poderíase prolongar a posteriori tralo desaloxo do poboado chabolista da Conserveira e enlazar o paseo marítimo con Culleredo. 

Crear unha aplicación para teléfono para calificar a accesibilidade de locais

21/05/2017  •  juancebreiro  •  Toda a cidade

As persoas con mobilidade reducida, e os seus acompañantes, teñen problemas para dar con establecementos comerciais, de restauaración, ...  que reunan as condicións que elas precisan.

Unha aplicación con ubicación podería ir recollendo os establecementos que cumplan requisitos de accesibilidade, espazo interior e servizos adaptados, e iría sendo valorada polos usuarios.

Sería de utilidade para veciños e familias afectadas e para quen nos visite.

6 paneis para difundir eventos e información de interés para os veciños

20/05/2017  •  Ken Keirades  •  Toda a cidade

Vivimos nunha cidade donde se desenrolan moitas actividades culturais e sociais que non sempre chegan a veciñanza nun momento en que Internet e a dixitalización ocupa o lugar sobranceiro que antes ocupaban outros medios de comunicación.  A miña proposta vaia encamiñada a  crear unha rede de 6 paneis informativos ao longo da cidade en zonas diferenciadas na que se ofreza información sobre actividades culturais e sociais promovidas polo goberno municipal o outras entidades públicas e asociacións sen ánimo de lucro que podan ser de interés para os veciños. Tamén podería aproveitarse para que o concello dese información propia: avisos de tráfico, calendario de tributos, horario e localización de puntos limpos móviles, información sobre trámites, festividades, télefonos e direccións  de interés etc...

AULA COCIÑA NO FORUM METROPOLITANO

09/05/2017  •  lrf  •  Toda a cidade

Os cada día máis demandados programas de Lecer do Fórum Metropolitano e o Ágora contan con unha extensa e diferenciada oferta.

Un dos programas con maior éxito é o das clases de cociña que se levan a cabo no Ágora, limitado a unha única aula.

Con esta proposta propoño a adaptación dunha das aulas do Fórum para poder levar a cabo estes mesmos cursos de cociña, ampliando a oferta existente.