Na Coruña Contas

Volver

AULA COCIÑA NO FORUM METROPOLITANO

lrf lrf  •  09/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 295

Os cada día máis demandados programas de Lecer do Fórum Metropolitano e o Ágora contan con unha extensa e diferenciada oferta.

Un dos programas con maior éxito é o das clases de cociña que se levan a cabo no Ágora, limitado a unha única aula.

Con esta proposta propoño a adaptación dunha das aulas do Fórum para poder levar a cabo estes mesmos cursos de cociña, ampliando a oferta existente.

Localización: FORUM METROPOLITANO

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 50 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos