Na Coruña Contas

Volver

Instalación de sinais luminosos nos pasos de peóns sen regulación semafórica

luivar59 luivar59  •  20/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 603

Solicítase a instalación de sinais luminosos naqueles pasos de peóns nos que haxa unha maior incidencia de atropelos, pois entendemos que moitos poderían evitarse cunha maior sinalización. Outra medida podería ser a instalación complementaria de bolardos que impedisen que os vehículos aparcasen nos arredores destes pasos de peóns, pois melloraría en grande medida a visibilidade.

Proposta en nome de: Federación de AA. VV. de A Coruña e Área Metropolitana

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 50 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos