Na Coruña Contas

Volver

Creación dun Museo de Historia Natural

rabizas rabizas  •  20/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 595

Para completar a oferta de Museos científicos da cidade, propoño a creación dun Museo de Historia Natural. Pódese buscar a colaboración coa Sociedade Galega de Historia Natural para que cedan parte dos seus fondos e pezas que teñen en custodia e que se poidan expoñer de forma correcta.

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "O custo de creación dun Museo de Historia Natural que complete a rede de museos científicos da cidade ten un custo moi superior ao límite de investimento establecido no programa de orzamentos participativos. A título de exemplo, a construción da DOMUS supuxo un investimento superior aos 9 millóns de euros. Cabería realizar unha estimación dos custos necesarios para habilitar nalgún centro de titularidade municipal un espazo destinado a unha colección permanente de Historia Natural, pero entendemos que esta alternativa desvirtuaría o sentido da proposta realizada, tanto pola idea dun equipamento que se sitúe a un nivel equivalente ao dos restantes museos científicos, como pola magnitude da superficie destinada á exposición, que na DOMUS alcanza os 1500 metros." Moitas grazas pola túa colaboración no programa de Orzamentos Participativos e esperamos que volvas participar con nós o vindeiro ano, na seguinte edición.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos