Na Coruña Contas

Volver

Crear unha aplicación para teléfono para calificar a accesibilidade de locais

juancebreiro juancebreiro  •  21/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 653

As persoas con mobilidade reducida, e os seus acompañantes, teñen problemas para dar con establecementos comerciais, de restauaración, ...  que reunan as condicións que elas precisan.

Unha aplicación con ubicación podería ir recollendo os establecementos que cumplan requisitos de accesibilidade, espazo interior e servizos adaptados, e iría sendo valorada polos usuarios.

Sería de utilidade para veciños e familias afectadas e para quen nos visite.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 50 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos