Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Creación dun paseo sobre as murallas na zona do Abente y Lago

27/04/2017  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Recuperar esta parte da historia defensiva da cidade para a cidadanía, permitindo un paseo sobre as mesmas que permita a contemplación do bordo litoral.

 

Adecuación e destinación de locais para ensaios escénicos

20/05/2017  •  sabela_mendoza  •  Toda a cidade

As compañías profesionais, artistas individuais, e amateurs que se dedican na Coruña á danza, teatro, performance ou artes vivas non dispoñen de espazos aduecuados de ensaio, creación e experimentación, unha condición básica para apoiar e coidar o talento da nosa cidade e o acceso á práctica artística. Propoño a adecuación (investimento en tarima, linóleo e insonorización) e destinación dalgúns dos espazos existentes en centros municipais (centros do IMCE como o Ágora, ou Centros Cívicos como o C.C. Cidade Vella, que contan con aulas amplas e diáfanas) para a súa cesión a persoas individuais ou grupos, sen limite de idade. Que poidan solicitar o seu uso mediante un sistema de presentación de solicitudes, ca posibilidade de organizar accións de formación e exhibición, similar ao que xa existe para os Locais de Ensaio Musical no Coliseum.

Colocación dunha placa conmemorativa ou monumento en honra a Inés de Ben

09/05/2017  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Colocación dunha placa conmemorativa ou monumento en honra a Inés de Ben (e o resto de cidadáns da Coruña que a defenderon do ataque dos ingleses).

Temos unha heroína local (María Pita), que levantou os ánimos e tivo un papel innegable na defensa e salvación da cidade, mais paréceme importante recoñecer a outras persoas que colaboraron nesta contenda e non obtiveron o recoñecemento merecido, como recolle o artigo enlazado.

O investimento sería mínimo, unha placa ou escultura que permita recoñecer a estas persoas ás que a historia esqueceu ou non tratou como merecían.

Sustitución dos wáteres químicos e de plástico das zonas turísticas da cidade.

29/04/2017  •  ramon61  •  Toda a cidade

Sustitución dos horrorosos e pestilentes wáteres químicos e de plástico por outros coma o existente no parque de Bioño por exemplo, con autolimpeza e auga corrente, que de outra imaxe a vergonzosa que están a dar en lugares tan turísticos coma o CASTELO DE SAN ANTÓN, ESTATUA DA VIRXE DO CARME no Parrote, e o mesmísimo aparcadoiro da TORRE de HÉRCULES.

 

 

Ciudadanos con-ciencia = Ciudad del siglo XXI

17/05/2017  •  rfsotelo  •  Toda a cidade

Para facilitar que a Coruña sexa un referente de cidadáns do século XXI precisase que os científicos, técnicos e divulgadores saian a rúa e dean a coñecer o estado actual do coñecemento e desenrolo.

Para facer de isto una realidade, os poñentes precisan de material axeitado para difundir e resolver as dubidas da xente. Isto consta dunha carpa para estar na temperie, un mesa onde ter experimentos e solucións tecnoloxías e información, un sistema de micrófono o altofalante portátil e unha publicidade por parte do concello. Así poderemos facer da Coruña non so unha cidade con coñecemento, senón con un criterio que reflectirase na deriva  cara unha democracia máis forte pois os cidadáns terán máis razóns para escoller unhas politícas  acordes coa realidade.

PROPOSTA DE RECUPERACION DE ESPAZOS URBANOS NO BARRIO

30/04/2017  •  psexto  •  Toda a cidade

Esta idea fundamental, participar en facer un barrio mais amable engadindo calidade social e urbana polo  presentamos unha serie de propostas sobre a recuperación de espazos urbans degradados  no noso barrio desde hai anos na área e propón chegar a acordos cos seus propietarios para facer un uso temporal deles mentres non se urbanizan, permitindo deste xeito que os veciños poidan gozalos. Entre as propostas destaca a do Corralón, unha gran leira valada recentemente pero abandonada e chea de matogueiras crear un parque infantil e un campo de adestramento para o equipo de fútbol local.

Na rúa Posse, onde hai outra parcela baleira lindante coa avenida de Oza, suxerimos  crear un aparcadoiro gratuíto. Na rúa Alacante iría un pequeno xardín e noutro escampado cuberto de malas herbas na rúa San Diego, unha área biosaludable para os maiores. 

Eliminación de contenedores de basura

26/04/2017  •  Oviedo  •  Toda a cidade

En vez de contenedores permanentes en las calles, se procedería a la recogida de la basura a partir de las 8, prohibiendo sacarla a la calle antes de esta hora. Los camiones de basura recojerían la basura por la noche, de manera que a la mañana siguiente, en las calles no quedaría nada. Cada portal dispondría de grandes cubos en los que se metería la basura y que durante el día permanecerían recogidos. A partir de la hora en que se pueden sacar la basura se pondrían en la calle, al lado del portal y se recogerían, una vez retirada la basura, antes de las 8 de la mañana.

Es el sistema seguido en Oviedo.

CORUÑA CIDADE DAS MULLERES

15/05/2017  •  lrf  •  Toda a cidade

Creación dunha app do estilo da creada recentemente en Madrid (ligazón a continuación), para resaltar e poñer en valor a importancia das mulleres na nosa cidade.

Senda Verde

30/04/2017  •  psexto  •  Toda a cidade

Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros xa nos temos dirixido ao Concello para solicitar que se realice un estudo e unha planificación para a construción dunha senda verde nos terreos que agora ocupa o oleoduto que une a terminal de San Diego coa Refinería de Repsol.

Dignificar os pabillons municipáis. Monelos, Monte das Moas, Elviña, Monte Alto

17/05/2017  •  alivanta@gmail.com  •  Toda a cidade

Os pabillóns distribuidos polos barrios son espazos de moito uso por distintos particulares e clubs da cidade. Mellorar o seu chan con parquet e facer de vestiarios e duchas algo máis propio deste século con pouco investimento sería relativamente fácil. Penso que convertir en atractivo os espazos invita ao seu disfrute. Como exemplo ideal témolo en Arteixo na avenida Arsenio Iglesias, seguido este modelo ou seguindo o modelo do da avenida Pérez Ardá os deportes serían practicados con gusto e respeto ao que é de todos, as insntalacións públicas.