Na Coruña Contas

Volver

Adecuación e destinación de locais para ensaios escénicos

sabela_mendoza sabela_mendoza  •  20/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 597

As compañías profesionais, artistas individuais, e amateurs que se dedican na Coruña á danza, teatro, performance ou artes vivas non dispoñen de espazos aduecuados de ensaio, creación e experimentación, unha condición básica para apoiar e coidar o talento da nosa cidade e o acceso á práctica artística. Propoño a adecuación (investimento en tarima, linóleo e insonorización) e destinación dalgúns dos espazos existentes en centros municipais (centros do IMCE como o Ágora, ou Centros Cívicos como o C.C. Cidade Vella, que contan con aulas amplas e diáfanas) para a súa cesión a persoas individuais ou grupos, sen limite de idade. Que poidan solicitar o seu uso mediante un sistema de presentación de solicitudes, ca posibilidade de organizar accións de formación e exhibición, similar ao que xa existe para os Locais de Ensaio Musical no Coliseum.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 50 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • nacho1100

    como achega a esta proposta, engadiria por a dispor dos interesados un taboleiro (fisico ou dixital ) no que intercambiar propostas de ensaios que sirva para conectar a xente con iniciativas nas artes ecenicas , danza e movemento, . por exemplo, alguen pode estar interesado en apoio para a creacion de video danza. , etc.

    Sen respostas
  • 8._manoel

    Paréceme ben calquera proposta que supoña a apertura de novas iniciativas coma túa, emporiso afondaría nunha proposta máis ampla que incentive o emprego xuvenil no sector da cultura que permitira amosar ao público en xeral os seus traballos ou representacións, fundamentalmente na TEMPADA DE VERÁN, con motivo das festas da cidade, esto é, unha INVERSIÓN NUN ESCENARIO MÓBIL e que achegara a cultura aos distritos/barrios da cidade, dando traballo a grupos musicáis, teatro, monólogistas, cómicos, etc., por persoas maioritariamente empadroados/as na cidade. Por outra banda, habería que destiñar un montante pequeno da partida de gasto anual para as contratacíóns de actuacións musicáis.das grandes figuras consagradas para o emprendimento escénico local. A razón de entre 600 e 1.000€/actuación x 52 actuacións = 31.200 € ou 52.000 €/ano.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos