Na Coruña Contas

Volver

Colocación dunha placa conmemorativa ou monumento en honra a Inés de Ben

A. Martínez A. Martínez  •  09/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 298

Colocación dunha placa conmemorativa ou monumento en honra a Inés de Ben (e o resto de cidadáns da Coruña que a defenderon do ataque dos ingleses).

Temos unha heroína local (María Pita), que levantou os ánimos e tivo un papel innegable na defensa e salvación da cidade, mais paréceme importante recoñecer a outras persoas que colaboraron nesta contenda e non obtiveron o recoñecemento merecido, como recolle o artigo enlazado.

O investimento sería mínimo, unha placa ou escultura que permita recoñecer a estas persoas ás que a historia esqueceu ou non tratou como merecían.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 50 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos