A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2017

Sustitución dos wáteres químicos e de plástico das zonas turísticas da cidade.

ramon61 ramon61  •  29/04/2017  •  Toda a cidade  •    4 comentarios

Código proposta de gasto: 96

Sustitución dos horrorosos e pestilentes wáteres químicos e de plástico por outros coma o existente no parque de Bioño por exemplo, con autolimpeza e auga corrente, que de outra imaxe a vergonzosa que están a dar en lugares tan turísticos coma o CASTELO DE SAN ANTÓN, ESTATUA DA VIRXE DO CARME no Parrote, e o mesmísimo aparcadoiro da TORRE de HÉRCULES.

 

 

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "En Coruña existen tres sistemas de aseos públicos: de obra (que se atopan nalgún edificio ou construción municipal habilitado para uso público), automáticos (que son cabinas con sistema de autolavado e instálanse en zonas nas que existen infraestruturas de subministros de auga, luz e saneamento) e químicos (que se instalan en réxime de alugueiro e destínanse a zonas nas que hai unha grande afluencia de público pero que carecen de todas ou algunha infraestrutura para conectalos aos servicios de luz, auga e saneamento). Este último é o caso das zonas propostas, polo tanto, non hai outra alternativa viable por motivo das infraestruturas da zona." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.