Na Coruña Contas

Volver

PROPOSTA DE RECUPERACION DE ESPAZOS URBANOS NO BARRIO

psexto psexto  •  30/04/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 104

Esta idea fundamental, participar en facer un barrio mais amable engadindo calidade social e urbana polo  presentamos unha serie de propostas sobre a recuperación de espazos urbans degradados  no noso barrio desde hai anos na área e propón chegar a acordos cos seus propietarios para facer un uso temporal deles mentres non se urbanizan, permitindo deste xeito que os veciños poidan gozalos. Entre as propostas destaca a do Corralón, unha gran leira valada recentemente pero abandonada e chea de matogueiras crear un parque infantil e un campo de adestramento para o equipo de fútbol local.

Na rúa Posse, onde hai outra parcela baleira lindante coa avenida de Oza, suxerimos  crear un aparcadoiro gratuíto. Na rúa Alacante iría un pequeno xardín e noutro escampado cuberto de malas herbas na rúa San Diego, unha área biosaludable para os maiores. 

Localización: Gaiteira Os Castros

Proposta en nome de: Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros

Informe de inviabilidade

Grazas pola túa achega pero temos que etiquetala como inviable por ser unha multiproposta. Animámoste a dividila en varias propostas para que a cidadanía poida decidir cales apoiar.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos